Programación VigoSónico de Xuño e Xullo do 2017

A programación de VigoSónico para os meses de xuño e xullo ten eventos, concursos, cursos, obradoiros e actividades, todas gratuítas para a mocidade empadroada en Vigo de 13 a 35 anos.

Coma sempre ti escolles as actividades,  anímate a probar!!!!

Preinscríbete

Programación en pdf

Obradoiro Luthier Guitarra/Baixo.

Impartido por José Luís Tojo.

Sábado 17 de xuño de 18 a 21h. Entrada de balde.

Contidos do obradoiro:

  • Coidado e mantemento dunha guitarra ou baixo para optimizar o máximo.
  • A facilidade de interpretación.
  • Quintaxe o octavacion.
  • Axustes de tremolos.
  • Axuste de pastillas.
  • Nivelado e pulido de trastes.

Obradoiros manualidades.

  • Obradoiro posavasos con Hamabeads. Sábado 3 de xuño (17:00 a 18:30)
  • Obradoiro camisetas pintadas. Sábado 10 de xuño (17:00 a 18:30)
  • Obradoiro tazas decoradas. Sábado 1 de xullo (17:00 a 18:30)
  • Obradoiro gargantillas. Sábado 15 de xullo (17:00 a 18:30)

Concerto Sónico.

Venres 16 de xuño ás 18h. Entrada gratuíta.

Concerto grupos de VigoSónico en La Fábrica de Chocolate.

Xoves 29 de xuño ás 22h. actuación de grupos que ensaian en VigoSónico na sala La Fábrica de Chocolate na rúa Rogelio Abalde 22 – Vigo

 

Web: http://fabricadechocolateclub.com/

Facebook: https://www.facebook.com/LaFabricaDeChocolateClub.Vigo

 Preinscríbete

Final IV Concurso de Videoclips VigoSónico

Os videoclips gañadores daranse a coñecer o Domingo 11 xuño ( 18:00 a 20:00) no salón de multiusos coa proxección de todos os vídeos participantes e a achega de premios. Entrada de balde.

III Concurso deseño carátula para o cd Recopilatorio VigoSónico 2017

Vigosónico convoca o “III Concurso do Deseño da Carátula do Cd Recopilatorio VigoSónicopara que a mocidade de Vigo participe nun proxecto artístico musical, engadindo a parte de creación en deseño gráfico para a carátula do álbum, que contará con temas dos grupos usuarios/as dos locais de ensaio de Vigosónico. Bases do concurso en pdf

 Evento VimanGO

O sábado 24 e o domingo 25 de xuño terá lugar  o evento VimanGo organizado pola Asociación Androide 42.

Entre moitas das actividades haberá: Xogos de mesa, Concursos, Trivials, Relato curto e debuxo, Survival Zombie, Cosplay, Softcombat, Torneos 3DS, Trivial,  e moito máis.

Haberá transporte en bus de Vitrasa a VigoSónico o sábado 24 e o domingo 25 na liña 12B.

768a48ab-4fcd-41e2-8032-de1882c2f7cf

Programación de VigoSónico de xuño e xullo de 2016.

Xa podedes consultar a programación e anotarvos nas actividades que máis vos interesen, todas son gratuítas.

Programación en pdf

Inscríbete aquí http://xuventudevigo.org/vigosonico-2/

Indicando: Nº de carné de Xuventude, Nome e Apelidos*, Enderezo*, DNI*, Data de Nacemento (DD/MM/AAAA)*, Email*, Teléfono* (os datos cun * son obrigatorios)

III Concurso VideoClips: prazo achegas do 18/05/2016 até o 17/06/2016

Master Class Guitarra: Alberto Cereijo. Sábado 25 de xuño 2016 ás 17:00h.

Concerto Final Cursos Formación Musical domingo 26 de xuño 2016 ás 17:00h.
Final do III Concurso VideoClips domingo 26 de xuño 2016 ás 19:00h.

Concertos Sónicos

  • Domingo 19 de xuño ás 18h.
  • Domingo 3 de xullo ás 18h.
  • Domingo 24 de xullo ás 18h.

Xuño

  • Curso de gravación en estudio. Sábados: 4 e 11; domingos 5 e 12 de xuño de 17 a 19h.
  • Curso de Sitio Web con WordPress.com* Martes 7,14,21 e 28 de xuño de de 17 a 19h.
  • Obradoiro Chaveiros Hamabeads. Venres 3 de xuño de 17 a 19h.
  • Obradoiro Pulseiras Kuminihimo. Venres 10 de xuño de 17 a 19h.
  • Obradoiro Bolas antistres. Venres 17 de xuño de 17 a 19h.
  • Obradoiro Marcos con cordas. Xoves 23 de xuño de 17 a 19h.

Xullo

  • Curso Iniciación Deseño gráfico con Software Libre. Días 12, 13 e 14 de xullo de 17 a 19H.
  • Obradoiro Sonorización Concertos. Sábado 2 e domingo 3 de 17 a 20h.
  • Obradoiro de edición de son (básico). Xoves 14 e venres 15 de xullo de 17 a 20h.
  • Obradoiro Iniciación Dj. Sábado 16 de xullo de 17 a 19h.
  • Obradoiro Informática: Deseño Interiores Sweet Home 3d. Mércores 20 de xullo de 17 a 20h.

Reciclando os venres.

  • Obradoiros “Traballamos con papel”: Abaloiros papel + posavasos. Venres 1 de xullo de 17 a 20h.
  • Obradoiros Bricks e latas”: carteiras e portavelas. Venres 15 de xullo de 17 a 20h.
  • Obradoiros “Plástico”: pulseiras + portamoedas. Venres 22 de xullo de 17 a 20h.

programacion traseira