Vitamusic Novembro: obradoiros gratuítos de Técnica Vogal

VITAMUSIC

Que son as VITAMUSIC? Consisten en sesións formativas de 1 hora para aprender técnicas específicas dun instrumento, impartidas polos profesores que dan formación en VigoSónico. Para participar hai que ter coñecementos prevíos de cada instrumento, estimándose un nível medio da clase. Cada participante ten que traer o seu propio instrumento no caso da guitarra e os bateristas so as súas baquetas, para Técnica Vogal non é preciso traer nada.

Prazas limitadas, hai que facer preinscrición e prégase puntualidade.

Os obradoiros son  gratuítos e destinados a mocidade empadroada en Vigo de idades comprendidas entre os 13 e os 35 anos.

Novembro 2017

Técnica Vogal.

  • 21 Novembro: I AFINACIÓN Ferramentas técnicas para mellorar a entoación. Horario de 21-22h.
  • 28 Novembro: II IMPROVISACIÓN Como constrúo unha liña vogal?. Horario de 21-22h.

Podes facer a túa preinscrición enchendo o seguinte formulario:

Facer preinscrición

Concurso VideoClips musicais VigoSónico 2017: votacións.

Participantes no IV Concurso VideoClips musicais VigoSónico:

No IV Concurso Videoclips como nas edicións anteriores solicitamos a vosa colaboración para escoller os mellores videoclips participantes, podedes votar de 2 xeitos (podedes facelo en ambas):

  • “Gústame” de YouTube
  • Polas votacións na web de VigoSónico.

Lembrade que o domingo 11 de xuño dende ás 18h. proxectaranse todos os videoclips participantes no salón de VigoSónico e despois farase a achega de premios.

As votacións para o concurso están pechadas. O domingo 11 ás 19h. farase a achega de premios no salón. Haberá proxección prevía de todos os videoclips dende as 18h.
Xa podedes ver o resultado do concurso en: https://vigosonico.org/iv-concurso-videoclips-musicais-vigosonico-ganadores/

Podes ver todos os vídeos na lista de reprodución do concurso:

Videoclips participantes na orde de achega ao concurso:

STOYKA – Fireshines

CINTA ADHESIVA – O deserto

KOMODO – Puma Pride

RONIN SHOW – Juicios y embargos

LA CLOAKA SOUND – Quebec

ASEL COLLINS – No Hotel

LÍCOR CAFRE – Caleidoscopio

BAKARRÁ – NOITES DE ORQUESTRA

KINGS OF THE BEACH – Sunset

IVORY CON REAL LA CLIKA – Juicio

 Dalle a “Gústame” en YouTube aos teus videoclips favoritos e tamén vota polo teu preferido en:

As votacións para o concurso están pechadas. O domingo 11 ás 19h. farase a achega de premios no salón. Haberá proxección prevía de todos os videoclips dende as 18h.

 

IV Concurso Videoclips Musicais VigoSónico

Vigosónico convoca o IV Concurso Videoclips Vigosónico para premiar o espíritu creativo das/os participantes. A convocatoria ten as seguintes bases:

PARTICIPANTES:

Poderán participar no concurso grupos e solistas de calquera estilo musical, na que o 50% dos/as compoñentes están empadroados/as no Concello de Vigo, para o que se pode solicitar volante de empadroamento ao inscribirse.

CONDICIÓNS TÉCNICAS

    1. A participación no concurso é gratuíta e poderá ser individual ou por grupos.

    2. Para acceder ao concurso presentárase un proxecto, en formato vídeo, de carácter artístico e calquera estilo musical. O tema ten que ser orixinal tanto en música, letra e todos aqueles contidos inseridos, sendo propietarios/as e da autoría dos mesmos.

    3. A duración do videoclip non será maior de 10 minutos, nin ocupar máis de 400 Mb (cunha resolución máxima de 720p HD) en arquivo compatible con YouTube, poderanse xuntar os vídeos con maior calidade para a súa proxección o día da final.

    4. Admitirase un máximo de 2 propostas artísticas por grupo ou solista.

    5. Aceptarase o material audiovisual en soporte dixital que pode ser achegado en: Pendrive, CD, DVD, etc. e o formato do vídeo (AVI, MOV, etc. ) ten que ser compatible con YouTube, en caso contrario será responsabilidade do grupo ou solista facilitalo nun formato axeitado.

    6. Os traballos achegaranse presencialmente nas instalacións de Vigosónico, do 2 de maio ao 2 de xuño de 2017 no horario e días de apertura de VigoSónico.

    7. No momento da achega do material audiovisual as/os participantes deberán entregar a folla de inscrición asinada por todas/os as/os compoñentes do grupo, incluíranse: nome do grupo, título do traballo, características técnicas do vídeo e os datos persoais das/os compoñentes. No caso de que os participantes sexan menores de idade deberan contar ademais cunha autorización dos/as pais/nais ou titores legais.

    8. Os/As participantes autorizarán a ubicación dos vídeos polo menos durante a duración do concurso e durante un mes posterior á celebración do mesmo.

    9. O contido das obras deberá ser respectuoso, calquera contido discriminatorio será motivo de expulsión do concurso.

    10. A participación no concurso supón a aceptación das presentes bases, quedando fóra de concurso as obras que non cumpran algunha das condicións antes expostas.

CALENDARIO DO CONCURSO

Apertura prazo de inscricións: dende o 2 de maio de 2017.

Recollida do material audiovisual: do 2 de maio ó 2 de xuño de 2017.

Mostra dos videoclips en YouTube na canle Vigosónico e no blog de www.vigosonico.org: do 4 ao 10 de Xuño.

Proxección videoclips e achega de premios: domingo 11 de Xuño de 2017 a partir das 17:00h.

PREMIOS:

Estableceránse os seguintes premios:

1º.- Vale de compra da tenda Backstage Guitars de 100 €.

2º.- Vale de compra da tenda Backstage Guitars de 50 €.

3º.- Vale de compra da tenda Backstage Guitars de 30 €.

SISTEMA DE VALORACIÓN E PUNTUACIÓN

O sistema de valoración das creacións artísticas estará composto de 3 valoracións parciais para escolla das/os gañadores: un xurado, votación do público no blog de www.vigosonico.org e a puntuación de “positivos” dos videoclips na canle de YouTube de VigoSónico.

  1. O xurado estará composto por membros escollidos por Vigosónico con experiencia e/ou profesionais do medio que suporán 2/4 da valoración final. O fallo do xurado será inapelable, os premios poderán quedar desertos si así o xurado o determina. Os criterios a valorar serán a orixinalidade, a adecuación as bases do concurso, a innovación e a creatividade.

  2. Os videoclips estarán expostos no blog de www.vigosonico.org cun sistema para a votación online do 4 ao 10 de Xuño . Suporá 1/4 da valoración final.

  3. Os videoclips estarán expostos na canle de YouTube Vigosónico do 4 ao 10 de Xuño polo que se valorará ata o mesmo día da proxección os votos en positivo de cada vídeo na canle. Suporá 1/4 da valoración final.

  4. A valoración final unha vez obtidas as tres puntuacións faráse pública ao rematar a proxección dos videoclips e posteriormente na web de VigoSónico: www.vigosonico.org e nas redes sociais que emprega o programa.

DIFUSIÓN DAS OBRAS:

Unha vez fallado o concurso, os vídeos da proposta gañadora poderán ser empregados por Vigosónico a efectos da difusión do programa, por calquera medio de reprodución ou divulgación, facendo constar o nome dos/as autores/as.

OUTRAS DETERMINACIÓNS:

  • A organización poderá introducir, si o considera necesario, as modificacións que estime convintes para o bó funcionamento do concurso.

  • Vigosónico poderá levar a cabo as accións que considere oportunas para difundir as obras presentadas, co fin de promocionar o concurso e o programa VigoSónico.

Bases do concurso en pdf: descargar

Folla de inscrición para participara no concurso: descargar

Concerto Sónico Abril 2017

Concertos Sónico de abril!!!

Data: Domingo 23 de Abril de 2017

Hora: 18:00

Lugar: Concello de Vigo: Vigosónico – Estrada do Portal s/n, (a carón do vial da Universidade) no Parque Tecnolóxico de Valadares.

Entrada: Gratuíta.

Localizar: Google Maps

ACTUARÁN AS BANDAS:

  • MEGALODÖN

Estilo musical: Stoner Metal

Web: https://www.facebook.com/megalodonofficialband/

Descrición: Banda de Vigo formada no 2016 por Pedro, Aaron e Alex, á que máis tarde únese Brian. Tocan principalmente stoner e derivados con influencias principáis tales coma Red Fang ou Mastodon.

 

 

Vídeo de un dos temas interpretados no concerto:

  • TROPAHEUM

Estilo musical: Nü Metal

Web: https://www.facebook.com/trophaeummetalband/

Descrición: Banda viguesa de Nü metal formada por catro mozos, presentará nova formación neste 2017.

 

 

 

Vídeo de un dos temas interpretados no concerto:

Presentación Recopilatorio VigoSónico 2016

Presentación do Recopilatorio VigoSónico 2016 o vindeiro sábado día 8 de abril ás 18:00h.  nas instalacións do Concello de Vigo: VigoSónico.

               Neste acto contaremos coa presenza de
Alcade de Vigo: D. Abel Caballero 
Concelleira Xuventude: Dna. Uxía Blanco
así coma da presencia dos grupos que participaron na gravación e dos grupos que comezarán coa gravación do Recopilatorio do 2017.
Proxectarase o Making of da gravación do recopilatorio.
Entrada libre até completar aforo.
Lugar: Concello de Vigo: VigoSónico. Estrada do Portal s/n (a carón do Polígono Tecnolóxico de Valadares) Google Maps
Hora: 18h.
Contraportada Recopilatorio 2016