Concurso VideoClips musicais VigoSónico 2017: votacións.

Participantes no IV Concurso VideoClips musicais VigoSónico:

No IV Concurso Videoclips como nas edicións anteriores solicitamos a vosa colaboración para escoller os mellores videoclips participantes, podedes votar de 2 xeitos (podedes facelo en ambas):

  • “Gústame” de YouTube
  • Polas votacións na web de VigoSónico.

Lembrade que o domingo 11 de xuño dende ás 18h. proxectaranse todos os videoclips participantes no salón de VigoSónico e despois farase a achega de premios.

As votacións para o concurso están pechadas. O domingo 11 ás 19h. farase a achega de premios no salón. Haberá proxección prevía de todos os videoclips dende as 18h.
Xa podedes ver o resultado do concurso en: https://vigosonico.org/iv-concurso-videoclips-musicais-vigosonico-ganadores/

Podes ver todos os vídeos na lista de reprodución do concurso:

Videoclips participantes na orde de achega ao concurso:

STOYKA – Fireshines

CINTA ADHESIVA – O deserto

KOMODO – Puma Pride

RONIN SHOW – Juicios y embargos

LA CLOAKA SOUND – Quebec

ASEL COLLINS – No Hotel

LÍCOR CAFRE – Caleidoscopio

BAKARRÁ – NOITES DE ORQUESTRA

KINGS OF THE BEACH – Sunset

IVORY CON REAL LA CLIKA – Juicio

 Dalle a “Gústame” en YouTube aos teus videoclips favoritos e tamén vota polo teu preferido en:

As votacións para o concurso están pechadas. O domingo 11 ás 19h. farase a achega de premios no salón. Haberá proxección prevía de todos os videoclips dende as 18h.

 

Concurso VideoClips musicais VigoSónico 2016: votacións.

Participantes no III Concurso VideoClips musicais VigoSónico:

Podes ver todos os vídeos na lista de reprodución do concurso:

Turn to Dust: Lunacy

La Cloaka Sound: Cuanto cuesta una sonrisa

Carlos Monteagudo: Confusión

Lamprea Explosiva: Mayeusis

Perros Norteños: xperto-caos

Nota: este vídeo esta silenciado en certas partes para cumprir coas bases do concurso, se queres votalo, tes que voltar darlle o “Me Gusta”

Robert Pier y Diego Barros: Felicidad

Aquelarre: Respirar

Mileth: Petros, Axíoma da Terra

I+D: Ovillos de papel

Ás votacións están pechadas!

 

 

 

 

III Concurso VideoClips Musicais VigoSónico 2016

VigoSónico organiza o seu III Concurso de Videoclips para grupos e solistas de calquera estilo musical e premiar o espíritu creativo das/os participantes.
A convocatoria ten as seguintes bases:

Participantes:

Poderán participar no concurso grupos e solistas de calquera estilo musical.

Condicións técnicas.

  1. A participación no concurso é gratuíta e poderá ser individual ou por grupos.
  2. Para acceder ao concurso presentaráse un proxecto, en formato vídeo, de carácter artístico e calquera estilo musical. O tema ten que ser orixinal tanto en música, letra e todos aqueles contidos inseridos, sendo propietarios/as e da autoría dos mesmos.
  3. A duración do videoclip non será maior de 10 minutos, nin ocupar máis de 400 Mb (cunha resolución máxima de 720p HD) en arquivo compatible con YouTube, poderanse xuntar os vídeos con maior calidade para a súa proxección o día da final.
  4. Admitirase un máximo de 2 propostas artísticas por grupo ou solista.
  5. Aceptarase o material audiovisual en soporte dixital que pode ser achegado en: Pendrive, CD, DVD, etc. e o formato do vídeo (AVI, MOV, etc. ) ten que ser compatible con YouTube, en caso contrario será responsabilidade do grupo ou solista facilitalo nun formato axeitado.
  6. Os traballos achegaranse presencialmente nas instalacións de Vigosónico, do 18 de maio ó 17 de Xuño no horario e días de apertura de VigoSónico.
  7. No momento da achega do material audiovisual as/os participantes deberán entregar a folla de inscrición asinada por todas/os as/os compoñentes do grupo, incluíranse: nome do grupo, título do traballo, características técnicas do vídeo e os datos persoais das/os compoñentes. No caso de que os participantes sexan menores de idade deberan contar ademais cunha autorización dos/as pais/nais ou titores legais.
  8. Os/As participantes autorizarán a ubicación dos vídeos polo menos durante a duración do concurso e durante un mes posterior á celebración do mesmo.
  9. O contido das obras deberá ser respetuoso, calquera contido discriminatorio será motivo de expulsión do concurso.
  10. A participación no concurso supón a aceptación das presentes bases, quedando fóra de concurso as obras que non cumpran algunha das condicións antes expostas.

Calendario do concurso.

Apertura prazo de inscricións: dende o 18 maio ao 17 de Xuño.
Recollida do material audiovisual: do 18 maio ao 17 de Xuño.
Mostra dos videoclips en YouTube na canle Vigosónico e no blog de www.vigosonico.org: do 18 ao 25 de Xuño.

Proxección videoclips e achega de premios: domingo 26 de Xuño a partir das 17:00 h.

Premios.

Estableceránse os seguintes premios:
1º.- Vale de compra da tenda Backstage Guitars de 100 €.
2º.- Vale de compra da tenda Backstage Guitars de 50 €.
3º.- Vale de compra da tenda Backstage Guitars de 30 €.

Sistema de valoración e puntuación.

O sistema de valoración das creacións artísticas estará composto de 3 valoracións parciais para escolla das/os gañadores: un xurado, votación do público no blog de www.vigosonico.org e a puntuación de “positivos” dos videoclips na canle de YouTube de VigoSónico.

  1. O xurado estará composto por membros escollidos por Vigosónico con experiencia e/ou profesionais do medio que suporán 2/4 da valoración final. O fallo do xurado será inapelable, os premios poderán quedar desertos si así o xurado o determina. Os criterios a valorar serán a orixinalidade, a adecuación as bases do concurso, a innovación e a creatividade.
  2. Os videoclips estarán expostos no blog de http://www.vigosonico.org cun sistema para a votación online do 18 ó 25 de Xuño . Suporá 1/4 da valoración final.
  3. Os videoclips estarán expostos na canle de youtube Vigosónico do 18 ó 25 de Xuño polo que se valorará ata o mesmo día da proxeción os votos en positivo de cada video na canle. Suporá 1/4 da valoración final.
    A valoración final unha vez obtidas as tres puntuacións faráse pública ao rematar a proxeción dos videoclips e posteriormente na web de VigoSónico: http://www.vigosonico.org e nas redes sociais que emprega o programa.

Difusión das obras.

Unha vez fallado o concurso, os vídeos da proposta gañadora poderán ser empregados por Vigosónico a efectos da difusión do programa, por calquera medio de reprodución ou divulgación, facendo constar o nome dos/as autores/as.

Outras determinacións.

  • A organización poderá introducir, si o considera necesario, as modificacións que estime convintes para o bó funcionamiento do concurso.
  • Vigosónico poderá levar a cabo as accións que considere oportunas para difundir as obras presentadas, co fin de promocionar o concurso e o programa VigoSónico.

Podes descargar as bases en pdf (abre en xanela nova): Bases Concurso Videoclips 2016

Ficha de inscrición.

Podes descargar a ficha de inscrición en pdf (abre nunha xanela nova): Formulario Inscricion Concurso Videoclips 2016

ou ben podes facelo directamente nas instalacións de VigoSónico.

II Concurso VideoClips musicais VigoSónico 2015: vídeos gañadores.

VigoSónico xa ten os resultados do seu II Concurso de Videoclips para os grupos e solistas que ensaian nas súas instalacións aquí tedes 6 vídeos que máis gustaron:

1º posto: I + D : Acto de presencia  (remix).

2º posto: Y Muchos Más – La Mosca.

3º posto: 4 Notas – Me engañan los lunes.

3º posto: La Cloaka Sound – Conoce, juzga

5º posto: Sentencia – Desangrado.

 6º posto: A Grave for a Dream – I’m already death.

 

 

Vídeos participantes no II Concurso VideoClips musicais VigoSónico 2015.

VigoSónico ten en marcha o seu II Concurso de Videoclips para os grupos e solistas que ensaian nas súas instalacións aquí tedes os participantes desta edición que podedes votar até o día 11 de xullo do 2015 ás 21:00 para escoller o que máis vos guste: PECHADAS AS VOTACIÓNS

La Cloaka Sound: Conoce, juzga

Sentencia: Desangrado.

Sentencia: Lord Drácula.

Fat Orama: Adicto a caer.

Carlos Monteagudo: Asimismo.

4 Notas: Me engañan los lunes.

4 Notas: Gota de Mar.

Y Muchos Más: La Mosca.

A Grave for a Dream: I’m already death.

I + D: Acto de presencia  (remix).

 

“Gústame” en  YouTube: https://www.youtube.com/channel/UCKKtZQ7aYMAX3h0B3cJVY6Q