II CONCURSO DESEÑO CARÁTULA PARA CD RECOPILATORIO VIGOSÓNICO
Vigosónico convoca o “II Concurso do Deseño da Carátula do Cd Recopilatorio VigoSónico” para que a mocidade de Vigo participe nun proxecto artístico musical, engadindo a parte de creación en deseño gráfico para a carátula do álbum, que contará con temas dos grupos usuarios/as dos locais de ensaio de Vigosónico.
Bases Concurso Carátulas en pdf
Ficha inscrición concurso
A convocatoria ten as seguintes bases:
PARTICIPANTES:
Poderán participar no concurso mozas/os entre os 13 e os 35 anos empadroados/as en Vigo. As/os participantes menores de idade terán que presentar unha autorización asinada do pai/nai/titor/a xunto cunha fotocopia do dni dos mesmos.
CONDICIÓNS TÉCNICAS
-
A participación no concurso é gratuíta e individual.
-
Para acceder ao concurso presentarase o deseño en formato dixital. Poderá presentarse impreso, tendo que achegar os arquivos para a súa posterior utilización no caso dos/as gañadores/as.
Ou físico, neste caso, precisa dar a posibilidade de obter unha óptima dixitalización.
-
As/os participantes poderán presentar ata un máximo de dous deseños, sempre con contido totalmente orixinal.
-
O formato deberá ser 120x120mm., ou superior proporcionalmente, deixando sempre un sangue de 3mm., cunha resolución mínima de 300ppp (puntos por pulgada).
-
A obra deberá incluír o logo de Vigosónico facilitado na web, do contrario será incluído polo equipo de Vigosónico.
-
O equipo de Vigosónico reservase o dereito de adaptar as obras co fin de que cumpran a súa función comunicativa.
-
Aceptarase o deseño en soporte dixital que pode ser achegado en: pendrive, cd, etc., e/ou envialo ao correo electrónico de Vigosónico: vigosonico@vigo.org
-
Os traballos tamén poderán achegarse ás instalacións de Vigosónico, do 15 de Marzo ó 30 de Abril no horario e días de apertura de VigoSónico (de martes a domingo de 16:00h a 22:00h)
-
No momento da achega dos traballos, xa sexa por correo electrónico ou de forma presencial, as/os participantes deberán encher a folla de inscrición, onde se incluíran os seguintes datos: nome e apelidos do autor, enderezo, DNI, correo electrónico e título do traballo, haberá que presentar o DNI para constatar os datos.
-
O contido das obras deberá ser respectuoso, calquera contido discriminatorio será motivo de exclusión do concurso.
-
A participación no concurso supón a aceptación das presentes bases, quedando excluídas as obras que non cumpran algunha das condicións antes expostas.
CALENDARIO DO CONCURSO
Prazo de inscrición e recollida material artístico: do 15/3/2016 até o 30/04/2016.
PREMIOS:
Establecese un 1º e 2º premio para os deseños finalistas:
1º premio: certificado gañador + vale 50€ + copia cd
2º premio: certificado 2º finalista + copia cd
Vigosónico achegará aos deseños finalistas un certificado como recoñecemento á sua creatividade e participación na parte do deseño gráfico da carátula do álbum, incluído no proxecto artístico “Cd Recopilatorio Vigosónico”.
SISTEMA DE VALORACIÓN
O sistema de valoración das creacións artísticas estará composto por un xurado de Vigosónico. O fallo do xurado será inapelable, o concurso poderá declararse deserto si así o xurado o determina. Os criterios a valorar serán a orixinalidade, a adecuación as bases do concurso, a innovación e a creatividade.
A valoración final farase pública no blog de VigoSónico: www.vigosonico.org na web de xuventude http://www.xuventudevigo.org/ e nas redes sociais.
DIFUSIÓN DAS OBRAS:
Unha vez fallado o concurso, os deseños finalistas poderán ser empregados por Vigosónico a efectos da difusión do programa, por calquera medio de reprodución ou divulgación, facendo constar o nome do/a autor/a.
A organización resérvase o dereito de empregar as carátulas finalistas para outros fins diferentes aos estritos do concurso así como á propia adaptación do deseño.
OUTRAS DETERMINACIÓNS:
Gústame esto:
Gústame Cargando...