CONCURSO DE MÚSICA VIGO EN VIVO

PRAZO DE PRESENTACIÓN AMPLIADO  ATA O 30 DE AGOSTO (incluído)

A Concellería de Xuventude do Concello de Vigo convoca o Concurso de música “Vigo en Vivo” para grupos de música noveis do municipio de Vigo.

Preténdese fomentar a creación musical e premiar o espírito creativo das e dos participantes a través dun concurso no que as bandas sen disco propio e sen espazos onde tocar, teñan a posibilidade de facelo nas rúas e outros lugares emblemáticos da nosa cidade.

* Poderán participar no concurso grupos e/ou solistas de calquera estilo musical no que, a lo menos, o 50% dos e das compoñentes deberán estar empadroados no Concello de Vigo.

* A lo menos un 75% dos e das compoñentes do grupo deberán ter entre 14 e 35 anos de idade máximo.

* Non poderán ter ningún traballo publicado con anterioridade en ningunha plataforma de difusión de contido audiovisual de carácter profesional.

* No caso de menores de idade deberán axuntar a correspondente autorización paterno/materna.

Bases do concurso

Inscríbete en:

FORMULARIO DE INSCRICIÓN