Presentación Recopilatorio VigoSónico 2016

Presentación do Recopilatorio VigoSónico 2016 o vindeiro sábado día 8 de abril ás 18:00h.  nas instalacións do Concello de Vigo: VigoSónico.

               Neste acto contaremos coa presenza de
Alcade de Vigo: D. Abel Caballero 
Concelleira Xuventude: Dna. Uxía Blanco
así coma da presencia dos grupos que participaron na gravación e dos grupos que comezarán coa gravación do Recopilatorio do 2017.
Proxectarase o Making of da gravación do recopilatorio.
Entrada libre até completar aforo.
Lugar: Concello de Vigo: VigoSónico. Estrada do Portal s/n (a carón do Polígono Tecnolóxico de Valadares) Google Maps
Hora: 18h.
Contraportada Recopilatorio 2016

Vídeos do Concerto Sónico de Rap do 28 de xuño do 2015

Aquí tedes unha escolma de vídeos do Concerto Sónico do 28 de xuño de 2015, na que actuaron:

Perros Norteños.

I+D.

Fotos no Google+: https://goo.gl/photos/UwhuotkVzo3caLH96

Concerto Sónico o domingo 28 de xuño: Rap.

O vindeiro domingo 28 de xuño de 2015 teremos un Concerto Sónico adicado ao rap e ademais cunha actuación de baile, actuarán os grupos de rap:

Facebook: https://www.facebook.com/perrosnortenhos?fref=ts

Canle YouTube: https://www.youtube.com/channel/UCxXaxIsSMoxFHQ7G_OH1hvA

Facebook: https://www.facebook.com/pages/I-D/1514943078754145?sk=likes

Canle YouTube: https://www.youtube.com/channel/UC0prJIeLX5nTBBsJVdkw73Q


e contaremos cunha actuación extra para completar o concerto:

Exhibición de baile hip hop con Weba’s Crew.

Consistirá en: Un show coa duración de 6 minutos, dividida en tres partes, xa que utilizamos unha temática e música diferente para cada unha.
O motivo de que o show estea dividido en tres partes é porque queremos transmitir unha mensaxe. Facemos unha crítica á sociedade actual, á robotización das personas e a falla de emocións. Queremos representar o retorno ao puro, as nossas raíces, fuxir do rutinario e pararnos un intre a contemplar o que hai ao redor para poder valoralo e atoparnos con nos mesmos, buscar o que realmente queremos.
Por iso o título do show é “Libérate”. Liberarse das opresións e os protocolos do que se debe facer e o camiño que debes escoller para plantexarte o que realmente persigues e queres acadar con cada paso que das.
O que pretendemos con isto é que fundamentalmente se entienda el mensaje y que la gente se plantee un poco estas cuestiones.

Non o perdades!!!

Coma sempre entrada gratuíta.

Hora:  19:00 h.

Lugar: VigoSónico (Estrada do Portal s/n – Valadares).

Concerto Sónico de Rap 28 de xuño de 2015.