Vitamusic Novembro: obradoiros gratuítos de Técnica Vogal

VITAMUSIC

Que son as VITAMUSIC? Consisten en sesións formativas de 1 hora para aprender técnicas específicas dun instrumento, impartidas polos profesores que dan formación en VigoSónico. Para participar hai que ter coñecementos prevíos de cada instrumento, estimándose un nível medio da clase. Cada participante ten que traer o seu propio instrumento no caso da guitarra e os bateristas so as súas baquetas, para Técnica Vogal non é preciso traer nada.

Prazas limitadas, hai que facer preinscrición e prégase puntualidade.

Os obradoiros son  gratuítos e destinados a mocidade empadroada en Vigo de idades comprendidas entre os 13 e os 35 anos.

Novembro 2017

Técnica Vogal.

  • 21 Novembro: I AFINACIÓN Ferramentas técnicas para mellorar a entoación. Horario de 21-22h.
  • 28 Novembro: II IMPROVISACIÓN Como constrúo unha liña vogal?. Horario de 21-22h.

Podes facer a túa preinscrición enchendo o seguinte formulario:

Facer preinscrición

VimanGo Samaín 2017

A fin de semana de outubro: sábado 28 e domingo 29, VigoSónico acollerá o evento Vimango Samaín! que organiza a Asociación Androide 42.

Concursos:

      • Cosplay
      • Gymkhana e Trivials
      • Concurso de Debuxo

Curtametraxes e historias de terror.

VideoXogos

  • Monster Hunter 3DS
  • Mortal Kombat PS4
  • Super Smash Bros WII

Xogos de Terror

Cosplayers invitados/as.

Obradoiro de Cosplay

Servizo de autobús:
  • Servicio de transporte a Vigosónico no autobus de Vitrasa:
    Sábado 28 e domingo 29 de Outubr0:
    Ida: Liña 12 B – Parada Avd. Castrelos “Frente Pabellón” – hora 16:42, destino Hospital Álvaro Cunqueiro con ampliación a Vigosóncio.
  • Volta: 21:55 salida de Vigosónico, realizando percorrido da liña 12B.

 

Obradoiro Luthier: guitarra e baixo.

Impartido por José Luís Toxo.

Sábado 17 de xuño de 18 a 21h. Entrada de balde.

Contidos do obradoiro:

  • Coidado e mantemento dunha guitarra ou baixo para optimizar o máximo.
  • A facilidade de interpretación.
  • Quintaxe o octavacion.
  • Axustes de tremolos.
  • Axuste de pastillas.
  • Nivelado e pulido de trastes.

Obradoiro de Hama Beads.

No obradoiro aprenderás:

  • Explicación da técnica dos Hama Beads.
  • Materiais a empregar.
  • Plantillas e distintos modelos a elexir.
  • Elaboración dos deseños.

Data: Venres 19 de xuño de 17 a 18:30h.

Lugar: VigoSónico (Estrada do Portal s/n – Vigo).

Prezo: Gratuíto.

 Inscríbete: https://vigosonico.org/programacion-de-maio-a-xullo-2015/

Cartaz Obradoiro Hama Beads

Obradoiro de Reciclaxe de Latas.

Neste obradoiro verás de xeito práctico como facer obxectos reciclando latas. No obradoiro aprenderás:

  • Conceptos básicos de reciclaxe.
  • Manipulación das latas.
  • Materiais a empregar.
  • Elaboración portavelas e marco mosaico.

Datas: Domingo 24 de Maio de 17 a 19h.

Lugar: VigoSónico (Estrada do Portal s/n – Vigo).

Prezo: Gratuíto.

 Inscríbete: https://vigosonico.org/programacion-de-maio-a-xullo-2015/

Obradoiro Reciclaxe con LATAS