Programación xuño e xullo: Verán Xove en VigoSónico.

Dentro das actividades de Verán Xove do Concello de Vigo en VigoSónico poderedes facer e participar nas seguintes actividades durante os meses de xuño e xullo:

Xuño.

  • Obradoiro de sonorización de concertos. Sábado 8 e domingo 9 de xuño de 17 a 20h. Fai a túa preinscrición.
  • Concerto Sónico. Domingo 9 de xuño ás 18h. Entrada libre e de balde. (cancelado)
  • Obradoiro Técnica Vogal: “O que esconde a miña voz”. Martes 25 de xuño de 17 a 19h. Fai a túa preinscrición.

 

Xullo.

  • Master Class de baixo eléctrico. Impartida por Rubén Alonso “Palomo”. Martes 2 de xullo de 20 a 22h.Fai a túa preinscrición.

  • Obradoiro de sonorización de concertos. Sábado 6 e domingo 7 de xullo de 17 a 20h. Fai a túa preinscrición.
  • Concerto Sónico. Domingo 7 de xullo ás 18h. Entrada libre e de balde.
  • Evento VimanGo. Sábado 13 e domingo 14 de xullo de 17 a 21h. Cosplay, concursos, torneos de videoxogos, xogos de mesa, charlas, Kpop, etc. Entrada libre e de balde.
  • Obradoiro iniciación a Dj. Venres 19 de xullo de 17 a 19h. Fai a túa preinscrición.

Master Class: Alberto Cereijo de Los Suaves.

Data: 25 de xuño de 2016

Hora: 17h.

Lugar: Concello de Vigo: VigoSónico (Estrada do Portal s/n – Vigo)

Localizar: Google Maps

Transporte en bus: Servizo Vitrasa a VigoSónico: sábados e domingosServizo Vitrasa Vigosónico. Sábados e domingos.

Entrada: Gratuíta ata encher aforo.

Alberto Cereijo

En 1985 Cereijo iniciouse como músico, aos 17 anos, empezando a tocar en bandas locais ourensás como Alquitrán e Reina del Alba. Entre 1987 e 1990 cursou os seus estudos musicais na escola musical “Estudio”, deSantiago de Compostela, onde levou a cabo estudos de harmonía, composición, improvisación, solfexo, polirrítmia, instrumento etc., e no conservatorio oficial de música de Ourense, onde estuda guitarra, solfexo e canto coral. É durante este tempo, en 1989, cando entra a formar parte de Los Suaves como membro fixo. Durante 1990 viaxa aos Ánxeles, onde se matricula no Musical Institute de Hollywood, no departamento de Guitar Institute of foto Alberto Cereijo en directoTechnology, graduándose en marzo de 1992. Este mesmo ano publicou o seu primeiro álbum en solitario, Work Out, para a compañía Donosti Rock.

Compaxinando o seu traballo con Los Suaves durante toda a década de 1990, en 1998 realizou un máster de tres meses, novamente no Musical Institute. En 2001 publicou o seu segundo álbum en solitario, Evasion, esta vez para o selo Locomotive Music. No ano 2003 fundou a banda de rock ECO, xunto con Tino Mojón e Roberto Espinosa, aos que máis tarde se lles uniría Diego P. Castro, publicando o seu único álbum, Réplica, en2007. Na actualidade compaxina o seu traballo en Los Suaves e ECO.

Fonte Galipedia: https://gl.wikipedia.org/wiki/Alberto_Cereijo

Biografía Oficial: http://www.albertocereijo.com/biografia

Ligazóns:

Web oficial de Alberto Cereijo: http://www.albertocereijo.com/

Facebook de Alberto Cereijo: https://www.facebook.com/albertocereijo/

Alberto Cereijo en Twitter: https://twitter.com/alberto_cereijo

los_suaves

Web oficial de Los Suaves: http://www.lossuavesweb.com/

Vídeos



 

CartazMasterclassCereijoWeb


Un vídeo da Master Class feita por Alberto Cereijo, guitarrista de Los Suaves nas instalacións de VigoSónico o sábado 25 de xuño de 2016.

Master Class: Woyza o 16 de maio de 2015.

O vindeiro sábado 16 de  maio teremos unha Master Class de Woyza sobre técnica vocal, na que ela exporá os seus coñecementos e experiencias na súa carreira musical. Non a perdades!!!

Data de realización: sábado 16 de maio de 2015.
Horario: 19:00h.
Lugar: VigoSónico (Estrada do Portal s/n – Vigo).
Entrada: Gratuíta ata completar aforo. Non é preciso facer preinscrición.

Master Class Woyza en Vigosónico.

así deu comezo a Master Class:

Master Class Baixo Eléctrico por Rubén Alonso “Palomo” (Fallen Sentinel – Endorser Ibanez).

O vindeiro domingo 7 de  xuño teremos unha Master Class de Baixo Eléctrico a cargo de Rubén Alonso “Palomo” (Fallen Sentinel – Endorser Ibanez) aínda que non toquedes o baixo merecerá  a pena vela, non a perdades!!!

Data de realización: domingo 7 de xuño de 2015.
Horario: 19:00h.
Lugar: VigoSónico (Estrada do Portal s/n – Vigo).
Entrada: Gratuíta ata completar aforo. Non é preciso facer preinscrición.

Unha pequena biográfia:

Rubén Alonso “Palomo” é o profesor de baixo eléctrico de DZ Guitar (Vigo), academia que durante o presente curso está preparando a 100 alumnos para os exames de Rockschool (Londres) do próximo mes de xullo, sendo unha das súas delegacións oficiais máis punteiras da península.

Poseedor dun certificado de “Grade 8 – Electric Bass Guitar”, outorgado polo centro inglés, tamén realizou outros cursos orientados a este instrumento como “Bass Performance 101” de Beerklee School of Music (Boston – USA), ademáis de outros relacionados coa música como “Sonido en Directo” de Artenet Madrid, “Luthería Antigua” e “Sonido y Música Moderna”, ambos na EMAO de Vigo, e “Grabación de Baterías” de Planta Sónica de Vigo.

Baxista e cantante de Fallen Sentinel (1997 – actualidade),  gravaron 3 discos coa formación, que compartiu escenario con grupos de nivel mundial como Cradle of Filth (UK), Overkill (USA), Gamma Ray (GER), Immortal (NO), Cynic (USA), Primal Fear (GER), Primordial (IR), 3 Inches of Blood (CA), Draconian (NO), Exodus (USA), Suidakra (GER), …
A súa última actuación, fai escasas semanas reunindo unhas 250 persoas na Sala Master en Vigo e gravada íntegramente para o seu próximo DVD é so a confirmación da grande traxectoria dunha das bandas de máis relevancia da historia do metal galego.

Nesta masterclass, achegaranos ao relativamente descoñecido mundo do baixo eléctrico, falando da súa historia, tipos de instrumentos, amplificación, efectos, e sobre todo das técnicas na súa execución nos diversos roles que un baixista pode desenvolver nun contexto de banda segundo o seu estilo, con demostracións prácticas e co seu personal e única forma de comunicar os seus coñecementos, que valéronlle ser o profesor de decenas de alumnos desde fai varios anos.

Cartaz Baixo Eléctrico.