A programación de VigoSónico para o mes de Marzo ten eventos, cursos, obradoiros e actividades todas gratuítas para a mocidade empadroada en Vigo de 13 a 35 anos.
Coma sempre ti escolles as actividades, anímate a probar!!!!
Preinscríbete
Programación en pdf
Curso para a busca emprego.
“Da carta de presentación á Marca persoal”. Novas ferramentas para a busca de emprego. Sábado 25 de marzo de 17:30 a 20:30h.
Obradoiros.
- Obradoiro Bandanas de Trapillo. Sábado 11 de marzo: 17:30-19:30h.
- Obradoiro Marcapáxinas Goma Eva. Sábado 18 de marzo: 17:30-19:30h.
- Obradoiro: Xoguetes Papel “TIE FIGHTER” de Star Wars. Sábado 25 de marzo: 17:30-19:30h.
Concerto Sónico: acústico.
Domingo 26 de marzo ás 18h. Entrada gratuíta.
Actuarán:
- Bruno & Santy
Formación Musical. Cursos gratuítos de iniciación:
- Curso de baixo eléctrico. Martes de 20 a 21h.
- Curso de guitarra. Mércores de 19:30 a 21h.
- Curso de técnica vogal. Xoves de 19:30 a 21h.
- Curso de batería. Venres de 17 a 18h.
Toda a información dos cursos: aquí
Evento VigOtaku
O sábado 4 de marzo haberá unha nova edición de VigOtaku en VigoSónico, organizado pola Asociación Acto Primero as actividades comezarán a partires das 17h.
Conferencia, Concurso de Cosplay, Concurso de Debuxo, Trivial Otaku, Karaoke libre, Torneos: Weiss Schwardz, Final Fantasy (TCG), Pokémon 3DS (Sun/Moon) e Naruto Play 4.
Programación en pdf
Transporte fin de semana.
Lembra que os sábados e domingos temos servizo de Vitrasa para subir a VigoSónico:
Localizar: Google Maps
Transporte en bus: Servizo Vitrasa a VigoSónico: sábados e domingos