Vitamusic Maio: obradoiros gratuítos de formación musical

VITAMUSIC

Que son as VITAMUSIC? Consisten en sesións formativas de 1 hora para aprender técnicas específicas dun instrumento, impartidas polos profesores que dan formación en VigoSónico. Para participar hai que ter coñecementos prevíos de cada instrumento, estimándose un nível medio da clase. Cada participante ten que traer o seu propio instrumento no caso da guitarra e os bateristas so as súas baquetas, para Técnica Vogal non é preciso traer nada.

Prazas limitadas, hai que facer preinscrición e prégase puntualidade.

Os obradoiros son  gratuítos e destinados a mocidade empadroada en Vigo de idades comprendidas entre os 13 e os 35 anos.

Técnica Vogal.

RESPIRACIÓN. Control diafragmático. Martes 14 Maio: Horario de 21-22h.

PROXECCIÓN DO SON. Traballo sobre resoadores. Martes 28 Maio: Horario de 21-22h.

guitarra

Arpexios de cuatriada a través do mástil. Mércores 15 Maio: Horario de 21-22h.

Conexións de escalas pentatónicas. Mércores 29 Maio: Horario de 21-22h.

ukelele

Como facer melodías no ukelele. Sábado 25 Maio: Horario de 16:30-18:30h.

Podes facer a túa preinscrición enchendo o seguinte formulario:

Facer preinscrición

 

Vitamusic: Os instrumementos eléctricos de corda na música: pop, rock, ….

Os instrumementos eléctricos de corda na música: pop, rock, reggae, funky, heavy, ….

Un percorrido por distintos intrumentos e a súa aplicación a música moderna: baixo, guitarra eléctrica, guitarra acústica, ukelele, etc.

Data: sábado 19 de maio

Hora: de 17 a 20h.

Os obradoiros son para mozas e mozos de 13 a 35 anos empadroados no Concello de Vigo.

Preinscríbete

A asignación de prazas farase segundo a orde de chegada das solicitudes por medio deste formulario online.
Veracidade dos datos inseridos:
No caso de indicar neste formulario datos falsos pode supoñer a exclusión da asignación das prazas, estes datos teñen que ser corroborados coa presentación da documentación requirida para os cursos antes do seu comezo:
– DNI, carné de conducir ou pasaporte vixente.
– Volante do empadroamento no Concello de Vigo.
Rematado o prazo de inscricións comunicárase por medio do correo electrónico a concesión de prazas.
As persoas admitidas nos cursos deberán comunicar con tempo abondo (mínimo 2 días) que rexeitan a praza, no caso de non facelo, poden ser excluídas de vindeiras convocatorias dos cursos de VigoSónico.

Os obradoiros son gratuítos.

Os obradoiros que xa teñan as prazas cubertas non aparecerán no listado.

Todas as actividades faranse en:
Vigosónico – Concello de Vigo na Estrada do Portal s/n (Valadares)
Teléfono: 986 475 403

Preinscríbete

 

Final de tempada de “El Corral”: 21 de maio de 2017

Final da tempada 2017 de “El Corral”.

Nova data Final: domingo 21 de maio de 2017!!!

BATALLA DE EXHIBICIÓN

  • 6 participantes clasificados por puntuacion durante o circuíto desta tempada, que cobre dende Novembro de 2016 até Abril de 2017.
  • 2 participantes clasificados directamente nunha data especial na que non poden participar os 6 punteiros da lista.
  • 8 clasificados vía clasificatoria Online a través da web The Urban Roosters.

Batalla de Exhibición

Contando con:

3 contra 3: Jako CDC, Gonchifalo y Valio (Representando a El Corral) contra Greensoul, Vestigia y Force (Falta confirmación dos 2 últimos). No caso de fallo por algún dos participantes hai suplentes para ambos lados.

Show de Beatbox

Contando con Beatboxers oficiales de El Corral así coma calquer beatboxer que no momento queira facer un show, ao estilo de micro aberto.

Organiza

El Corral Under

UnoNueve Films

Colaboran:

  • Concello de Vigo – Vigosónico
  • Novalbos The Wave Company
  • SerInk
  • The Urban Roosters
  • Cafetería Hollywood
  • ScareCrow Producciones
  • Trofeos Jalda
  • Peluquería Tato

Speaker: Luka23GG

Entre outros acturán:

  • Dj Ferone
  • Jacko CDC
  • Dikeyti
  • e máis artístas invitados/as.

Entradas.

Prezo: 2€

Compra en: www.entradium.com

Imaxes da Final:

Programación VigoSónico de Novembro do 2016

A programación de VigoSónico para o mes de Novembro do 2016 ten unha oferta de obradoiros, actividades e eventos, todos de balde.

Coma sempre ti escolles as actividades que máis che gusten, anímate a probar!!!!

  • Obradoiro Sweet Home 3D: martes 15 de novembro, 17:00–20:00h.
  • Obradoiro reciclaxe. Marcos con cds: venres 18 de novembro de 16:00–18:00h.
  • Obradoiro sonorización concertos: Venres 18 de novembro de 18:30 – 21:30h. e o domingo 20 de novembro 17:00 – 20:00 h.
  • Obradoiro “Bufandas de lá con telar circular”: venres 25 de novembro de 16:00 – 18:00h.

Preinscríbete

Programación en pdf

Evento: VigOtaku

  • Sábado 26: VigOtaku. A partires das 17h. Organizado pola Asoc. Acto Primero.

Concerto Sónico.

  • Domingo 20: Concerto Sónico ás 18h.

 

 

Programación VigoSónico de Outubro do 2016

A programación de VigoSónico para o mes de Outubro do 2016 ten unha oferta de obradoiros, actividades e eventos, todos de balde.

Coma sempre ti escolles!!!!

  • Venres 14 de outubro: Obradoiro broches Hama Beads. De 17 a 19h.
  • Sábado 22 e Domingo 23: Obradoiro Sonorización concertos. De 17:30 a 20.30h.
  • Martes 18, mércores 19 e xoves 20: Curso iniciación Inkscape. De 17 a 19h.
  • Venres 28: Obradoiro decoramos o Samaín. De 17 a 19h.

Preinscríbete

Programacion en pdf

Evento: ViMango! Samaín

  • Sábado 29 e Domingo 30: ViMango! Samaín. A partires das 17h.

Concertos Sónicos:

  • Domingo 23: Concerto Sónico ás 18h.