Obradoiro de Reciclaxe de Latas.

Neste obradoiro verás de xeito práctico como facer obxectos reciclando latas. No obradoiro aprenderás:

  • Conceptos básicos de reciclaxe.
  • Manipulación das latas.
  • Materiais a empregar.
  • Elaboración portavelas e marco mosaico.

Datas: Domingo 24 de Maio de 17 a 19h.

Lugar: VigoSónico (Estrada do Portal s/n – Vigo).

Prezo: Gratuíto.

 Inscríbete: https://vigosonico.org/programacion-de-maio-a-xullo-2015/

Obradoiro Reciclaxe con LATAS