Vitamusic: Os instrumementos eléctricos de corda na música: pop, rock, ….

Os instrumementos eléctricos de corda na música: pop, rock, reggae, funky, heavy, ….

Un percorrido por distintos intrumentos e a súa aplicación a música moderna: baixo, guitarra eléctrica, guitarra acústica, ukelele, etc.

Data: sábado 19 de maio

Hora: de 17 a 20h.

Os obradoiros son para mozas e mozos de 13 a 35 anos empadroados no Concello de Vigo.

Preinscríbete

A asignación de prazas farase segundo a orde de chegada das solicitudes por medio deste formulario online.
Veracidade dos datos inseridos:
No caso de indicar neste formulario datos falsos pode supoñer a exclusión da asignación das prazas, estes datos teñen que ser corroborados coa presentación da documentación requirida para os cursos antes do seu comezo:
– DNI, carné de conducir ou pasaporte vixente.
– Volante do empadroamento no Concello de Vigo.
Rematado o prazo de inscricións comunicárase por medio do correo electrónico a concesión de prazas.
As persoas admitidas nos cursos deberán comunicar con tempo abondo (mínimo 2 días) que rexeitan a praza, no caso de non facelo, poden ser excluídas de vindeiras convocatorias dos cursos de VigoSónico.

Os obradoiros son gratuítos.

Os obradoiros que xa teñan as prazas cubertas non aparecerán no listado.

Todas as actividades faranse en:
Vigosónico – Concello de Vigo na Estrada do Portal s/n (Valadares)
Teléfono: 986 475 403

Preinscríbete

 

Vídeo Master Class Guitarra Eléctrica de José Rubio en VigoSónico.

Aquí podedes visionar a Master Class Guitarra Eléctrica de José Rubio impartida en VigoSónico: