VITAMUSIC
Que son as VITAMUSIC? Consisten en sesións formativas de 1 hora para aprender técnicas específicas dun instrumento, impartidas polos profesores que dan formación en VigoSónico. Para participar hai que ter coñecementos prevíos de cada instrumento, estimándose un nível medio da clase. Cada participante ten que traer o seu propio instrumento no caso da guitarra e os bateristas so as súas baquetas, para Técnica Vogal non é preciso traer nada.
Prazas limitadas, hai que facer preinscrición e prégase puntualidade.
Os obradoiros son gratuítos e destinados a mocidade empadroada en Vigo de idades comprendidas entre os 13 e os 35 anos.
Técnica Vogal.
RESPIRACIÓN. Control diafragmático. Martes 14 Maio: Horario de 21-22h.
PROXECCIÓN DO SON. Traballo sobre resoadores. Martes 28 Maio: Horario de 21-22h.
guitarra
Arpexios de cuatriada a través do mástil. Mércores 15 Maio: Horario de 21-22h.
Conexións de escalas pentatónicas. Mércores 29 Maio: Horario de 21-22h.
ukelele
Como facer melodías no ukelele. Sábado 25 Maio: Horario de 16:30-18:30h.
Podes facer a túa preinscrición enchendo o seguinte formulario:
Facer preinscrición