Concurso de Disfraces de Entroido Musical

Concurso de Disfraces de Entroido Musical

O sábado 17 e domingo 18 de febreiro en modalidade grupos e solistas. Entre as 18 e 20h. no salón multiusos

Que grupo/solista admiras? disfrázate del/es/as e ven a participar no Concurso de Disfrazes. Non é preciso que traías instrumentos, tampouco que cantes…se ti non queres, so moitas gañas e bo humor para imitar aos artístas que ti escollas.

Haberá premios para as mellores caracterizacións.

Podedes inscribirvos até o venres 16 de febreiro ás 20h.

Nota: a realización do concurso está supeditada a un mínimo de participantes.

Rematado o prazo de inscricións e non chegando a un número abondo para a súa realización, cancélase o Concurso de Disfraces Musicais.

 

Programación VigoSónico de Febreiro do 2017

A programación de VigoSónico para o mes de Febreiro ten unha serie actividades todas gratuítas para a mocidade empadroada en Vigo de 13 a 35 anos.

Coma sempre ti escolles as actividades,  anímate a probar!!!!

Preinscríbete

Programación en pdf

Formación Musical

  • Obradoiro sonorización concertos. Venres 10 e domingo 12 febreiro de 17:30 – 20:30h.sonfebweb

Obradoiros.

  • Obradoiro Caixas con papel reciclado. Venres 17 de febreiro: 17:30-19:30h.caixasfebweb
  • Obradoiro Carteiras de feltro. Venres 24 de febreiro: 17:30-19:30h.carteirasfebweb

Informática nivel usuari@s.

  • Obradoiro de Sweet Home 3D. Mércores 22 de 17 a 19:30h.sweetfebweb

Evento VimanGo

O sábado 18 de febreiro e domingo 19 de 17 a 21:30h. terá lugar o evento VimanGo organizado pola Asociación de Jugger y Softcombat de Vigo – AJSV.
Entre moitas das actividades haberá: Xogos de mesa, Concursos, Gymkhana, Cosplay, Karaoke, Torneos 3DS, Trivial, etc.
vimangorec

Preinscríbete 

Programación en pdf

Concerto Sónico.

Domingo 12 de febreiro ás 18h. Entrada gratuíta.concertofebreiroweb

Actuarán as bandas:

  • Outcast (Metal HC)15039641_328767457497680_6712326737903966621_o

  • Faced Out (Crossover HC)facedout50p

 

 


 

Transporte fin de semana.

Lembra que os sábados e domingos temos servizo de Vitrasa para subir a VigoSónico:

768a48ab-4fcd-41e2-8032-de1882c2f7cf

Localizar: Google Maps

Transporte en bus: Servizo Vitrasa a VigoSónico: sábados e domingos

 

2017feb2web

 

Cursos de Formación Musical: comezo en outubro 2016.

Cursos de Formación Musical.

Os cursos son de iniciación, gratuítos e cunha duración cudrimestral. As quendas son de 60 minutos e estableceránse en función do número de alumnos/as a partires da hora indicada para cada un deles.

O alumnado segundo o calendario de asistencia terá que asistir as clases tendo un máximo de 3 faltas ao curso, é dicir en todo o curso. A persoa beneficiaria do curso deberá avisar da súa ausencia antes da realización da clase, enviando un correo electrónico.

  • Curso de iniciación ao baixo eléctrico: martes de 20h.-21h. nas instalacións de VigoSónico, comeza en outubro de 2016.
  • Curso de iniciación á guitarra: mércores de mércores de 19h.-20h. nas instalacións de VigoSónico, comeza en outubro de 2016.
  • Curso de iniciación á guitarra II*: mércores de 20h.-21h. nas instalacións de VigoSónico, comeza en outubro de 2016.
  • Curso de iniciación á técnica vogal: xoves de 19h.-20h. nas instalacións de VigoSónico, comeza en outubro de 2016.
  • Curso de iniciación á técnica vogal II*: xoves de 20h.-21h. nas instalacións de VigoSónico, comeza en outubro de 2016.
  • Curso de iniciación á bateria: venres de 17:00h.-18:00h. nas instalacións de VigoSónico, comeza en outubro de 2016.
  • Curso de iniciación á bateria II*: venres de 18:00h.-19:00h. nas instalacións de VigoSónico, comeza en outubro de 2016.

* Para facer o nivel II dos cursos de iniciación é preciso ter feito o curso nivel I dos cursos de iniciación cumprindo coa asistencia ao mesmo.

Material a traer para o curso polo alumnado.

Baixo: Para o curso de baixo eléctrico terás que traer o teu propio baixo.
Guitarra: Para o curso de guitarra terás que traer a túa propia guitarra, pode ser clásica ou eléctrica.
Técnica vogal: non é preciso traer nada.
Batería: Para o curso de batería terás que traer un xogo de baquetas.

As preinscricións fanse no formulario de VigoSónico na web de Concellería de Xuventude e xa o podedes facer en:

Formulario inscrición

Descarga: Ficha inscrición para as persoas con praza.

 

Cursos de Formación Musical: trimestre abril a xuño 2016.

Cursos de Formación Musical.

Os cursos son de iniciación, gratuítos e cunha duración trimestral. As quendas son de 60 minutos e estableceránse en función do número de alumnos/as a partires da hora indicada para cada un deles.

O alumnado segundo o calendario de asistencia terá que asistir as clases tendo un máximo de 3 faltas ao curso, é dicir en todo o trimestre. A persoa beneficiaria do curso deberá avisar da súa ausencia antes da realización da clase, enviando un correo electrónico.

  • Curso de iniciación ao baixo eléctrico II*: martes de 21h.-22h. nas instalacións de VigoSónico de abril a xuño de 2016.
  • Curso de iniciación á guitarra: mércores de mércores de 19h.-20h. nas instalacións de VigoSónico de abril a xuño de 2016.
  • Curso de iniciación á guitarra II*: mércores de 20h.-21h. nas instalacións de VigoSónico de abril a xuño de 2016.
  • Curso de iniciación á técnica vogal: xoves de 19h.-20h. nas instalacións de VigoSónico de abril a xuño de 2016.
  • Curso de iniciación á técnica vogal II*: xoves de 20h.-21h. nas instalacións de VigoSónico de abril a xuño de 2016.
  • Curso de iniciación á bateria: venres de 19:00h.-20:00h. nas instalacións de VigoSónico de abril a xuño de 2016.
  • Curso de iniciación á bateria II*: venres de 20:00h.-21:00h. nas instalacións de VigoSónico de abril a xuño de 2016.
  • Obradoiro de creación de letras de cancións. Informaremos de datas e horarios despois das inscricións.

* Para facer a segunda parte dos cursos de iniciación é preciso ter feito algúns dos cursos de iniciación cumprindo coa asistencia ao mesmo.

 

Material a trae para o curso.

Baixo: Para o curso de baixo eléctrico terás que traer o teu propio baixo.
Guitarra: Para o curso de guitarra terás que traer a túa propia guitarra, pode ser clásica ou eléctrica.
Técnica vogal: non é preciso traer nada.
Batería: Para o curso de batería terás que traer un xogo de baquetas.

As preinscricións comezarán o 8 de marzo de 2016 e  realizanse no seguinte formulario:

Preinscribirse

Descarga: Ficha inscrición para as persoas con praza.

 

Programación VigoSónico de Febreiro de 2016.

No mes de febreiro 2016 temos unha variedade de cursos, obradoiros, actividades e eventos. Ti escolles!!!!

Programación en pdf

  • Curso de gravación en estudio. Sábados: 13, 20 e domingos: 14, 21 de febreiro de 17 a 19h.
  • Curso de Sitio Web con WordPress.com* Mércores 10,17 e 24 de febreiro de de 17 a 19h.
  • Obradoiro de chaveiros de feltro. Venres 12 de febreiro de 17 a 19h.
  • Obradoiro de bandanas de trapillo. Venres 26 de febreiro de 17 a 19h.

Preinscríbete

*Para os cursos de informática precisase ter práctica no emprego de correo electrónico e de informática básica, no caso de non cumprir este requisito impedirá a realización do curso.

Concerto Sónico: domingo 28 de febreiro. Ás 18:00h

CURSOS DE FORMACIÓN MUSICAL

INICIACIÓN

Curso de iniciación á bateria:
1ª Quenda: martes a partires das 19:30h.- 20:30h. dende novembro de 2015.**
2ª Quenda: martes a partires das 20:30h.- 21:30h. dende novembro de 2015.**
Curso de iniciación á guitarra:
1ª Quenda: mércores a partires das 19h.- 20h. dende novembro de 2015.*
2ª Quenda: mércores a partires das 20h.- 21h. dende novembro de 2015.*
Curso de iniciación á técnica vogal:
1ª Quenda: xoves a partires das 19h.- 20h. dende novembro de 2015.
2ª Quenda: xoves a partires das 20h.- 21h. dende novembro de 2015.
Curso de iniciación ao baixo eléctrico:
1ª Quenda: venres a partires das 19h.- 20h. dende novembro de 2015.***

*Para o curso de guitarra terás que traer a túa propia guitarra, pode ser clásica ou eléctrica.
** Para o curso de batería terás que traer un xogo de baquetas.
*** Para o curso de baixo eléctrico terás que traer o teu propio baixo.

Excepto festivos que se trocarán por outro día.

VITAMUSIC.

Actividades para grupos e solistas.

Cursos monográficos de formación musical para grupos de Vigosónico. Haberá sesións nos meses de xaneiro e febreiro de: guitarra eléctrica, bateria, baixo eléctrico e técnica vogal.