V Concurso Videoclips Musicais VigoSónico

Vigosónico convoca o V Concurso Videoclips Vigosónico para premiar o espíritu creativo das/os participantes. A convocatoria ten as seguintes bases:

PARTICIPANTES:

Poderán participar no concurso grupos e solistas de calquera estilo musical, na que o 50% dos/as compoñentes están empadroados/as no Concello de Vigo, para o que se pode solicitar volante de empadroamento ao inscribirse.

CONDICIÓNS TÉCNICAS

1. A participación no concurso é gratuíta e poderá ser individual ou por grupos.
2. Para acceder ao concurso presentárase un proxecto, en formato vídeo, de carácter artístico e calquera estilo musical. O tema ten que ser orixinal tanto en música, letra e todos aqueles contidos inseridos, sendo propietarios/as e da autoría dos mesmos.
3. A duración do videoclip non será maior de 10 minutos, nin ocupar máis de 400 Mb (cunha resolución máxima de 720p HD) en arquivo compatible con YouTube, poderanse xuntar os vídeos con maior calidade para a súa proxección o día da final.
4. Admitirase un máximo de 2 propostas artísticas por grupo ou solista.
5. Aceptarase o material audiovisual en soporte dixital que pode ser achegado en: Pendrive, CD, DVD, etc. e o formato do vídeo (AVI, MOV, etc. ) ten que ser compatible con YouTube, en caso contrario será responsabilidade do grupo ou solista facilitalo nun formato axeitado.
6. Os traballos achegaranse presencialmente nas instalacións de Vigosónico, do 15 de maio ao 15 de xuño de 2018 no horario e días de apertura de VigoSónico.
7. No momento da achega do material audiovisual nas instalacións de VigoSónico as/os participantes deberán entregar a folla de inscrición asinada por todas/os as/os compoñentes do grupo, incluíranse: nome do grupo, título do traballo, características técnicas do vídeo e os datos persoais das/os compoñentes. No caso de que os participantes sexan menores de idade deberan contar ademais cunha autorización dos/as pais/nais ou titores legais.
8. Os/As participantes autorizarán a ubicación dos vídeos polo menos durante a duración do concurso e durante un mes posterior á celebración do mesmo.
9. O contido das obras deberá ser respectuoso, calquera contido discriminatorio será motivo de expulsión do concurso.
10. A participación no concurso supón a aceptación das presentes bases, quedando fóra de concurso as obras que non cumpran algunha das condicións antes expostas.

CALENDARIO DO CONCURSO

Apertura prazo de inscricións: dende o 15 de maio de 2018.
Recollida do material audiovisual: do 15 de maio ao 15 de xuño de 2018.
Mostra dos videoclips en YouTube na canle Vigosónico e no blog de www.vigosonico.org: do 17 ao 23 de Xuño.
Proxección videoclips e achega de premios: domingo 24 de Xuño de 2018 a partir das 17:00h.

PREMIOS:

Estableceránse os seguintes premios:
1º.- Vale de compra da tenda Backstage Guitars de 100 €.
2º.- Vale de compra da tenda Backstage Guitars de 50 €.
3º.- Vale de compra da tenda Backstage Guitars de 30 €.

SISTEMA DE VALORACIÓN E PUNTUACIÓN

O sistema de valoración das creacións artísticas estará composto de 3 valoracións parciais para escolla das/os gañadores: un xurado, votación do público no blog de www.vigosonico.org e a puntuación de “positivos” dos videoclips na canle de YouTube de VigoSónico.
1. O xurado estará composto por membros escollidos por Vigosónico con experiencia e/ou profesionais do medio que suporán 2/4 da valoración final. O fallo do xurado será inapelable, os premios poderán quedar desertos si así o xurado o determina. Os criterios a valorar serán a orixinalidade, a adecuación as bases do concurso, a innovación e a creatividade.
2. Os videoclips estarán expostos no blog de www.vigosonico.org cun sistema para a votación online do 17 ao 23 de Xuño . Suporá 1/4 da valoración final.
3. Os videoclips estarán expostos na canle de YouTube Vigosónico do 17 ao 23 de Xuño polo que se valorará ata o mesmo día da proxección os votos en positivo de cada vídeo na canle. Suporá 1/4 da valoración final.
4. A valoración final unha vez obtidas as tres puntuacións faráse pública ao rematar a proxección dos videoclips e posteriormente na web de VigoSónico: www.vigosonico.org e nas redes sociais que emprega o programa.

DIFUSIÓN DAS OBRAS:

Unha vez fallado o concurso, os vídeos da proposta gañadora poderán ser empregados por Vigosónico a efectos da difusión do programa, por calquera medio de reprodución ou divulgación, facendo constar o nome dos/as autores/as.

OUTRAS DETERMINACIÓNS:

• A organización poderá introducir, si o considera necesario, as modificacións que estime convintes para o bó funcionamento do concurso.
• Vigosónico poderá levar a cabo as accións que considere oportunas para difundir as obras presentadas, co fin de promocionar o concurso e o programa VigoSónico.

Bases do concurso en pdf (sen fotos 107kb): descargar

Bases do concurso en pdf (con fotos 283kb): descargar

Folla de inscrición para participara no concurso: descargar

Hai que facer a achega nas instalacións de VigoSónico.

Concurso de Disfraces de Entroido Musical

Concurso de Disfraces de Entroido Musical

O sábado 17 e domingo 18 de febreiro en modalidade grupos e solistas. Entre as 18 e 20h. no salón multiusos

Que grupo/solista admiras? disfrázate del/es/as e ven a participar no Concurso de Disfrazes. Non é preciso que traías instrumentos, tampouco que cantes…se ti non queres, so moitas gañas e bo humor para imitar aos artístas que ti escollas.

Haberá premios para as mellores caracterizacións.

Podedes inscribirvos até o venres 16 de febreiro ás 20h.

Nota: a realización do concurso está supeditada a un mínimo de participantes.

Rematado o prazo de inscricións e non chegando a un número abondo para a súa realización, cancélase o Concurso de Disfraces Musicais.

 

Programación VigoSónico de Febreiro e Marzo do 2018

A programación de VigoSónico para os meses de Febreiro e Marzo do 2018 ten eventos,  cursos, obradoiros e actividades, todas gratuítas para a mocidade empadroada en Vigo de 13 a 35 anos.

Coma sempre ti escolles as actividades,  anímate a probar!!!!

Programación en pdf

Obradoiro de iniciación a Lingua de Signos.

Un obradoiro para comezar a coñecer a linguaxe de signos empregada por persoas sordas. (datas e horarios confirmaranse en breve)

Preinscríbete

Obradoiros manualidades.

  • Obradoiro decoración cup cakes. Sábado 10 Febreiro 17-19h.
  • Obradoiro de camisetas pintadas. Venres 16 de febreiro de 17-19h.

  • Obradoiro de cestos reciclaxe. Venres 16 de marzo de 17-19h.

  • Obradoiro Cup cakes: decoración pasta de azucre. Sábado 17 Marzo 17-19h.

Obradoiro de sonorización de concertos.

Como se montan os elementos para o son nun concerto ao vivo e a parte de técnico de son dende a mesa.

  • Sábado 24 e domigo 25 de Febreiro de 17 a 20h.

Curso básico de gravación e edición en estudio.

No estudio de  gravación das instalacións de VigoSónico aprenderás como se fai unha gravación musical e a súa edición dun xeito práctico empregando medios profesionais.

Sábado 3 e domingo 4 de marzo de 2018 de 17 a 20h.

Preinscríbete

Concurso de Disfraces de Entroido Musical

O sábado 17 e domingo 18 de febreiro en modalidade grupos e solistas. Entre as 18 e 20h. no salón multiusos

Que grupo/solista admiras? disfrázate del/es/as e ven a participar no Concurso de Disfrazes. Non é preciso que traías instrumentos, tampouco que cantes…se ti non queres, so moitas gañas e bo humor para imitar aos artístas que ti escollas.

Haberá premios para as mellores caracterizacións.

Podedes inscribirvos até o venres 16 de febreiro ás 20h.

Nota: a realización do concurso está supeditada a un mínimo de participantes.

Rematado o prazo de inscricións e non chegando a un número abondo para a súa realización, cancélase o Concurso de Disfraces Musicais.

 

Concertos Sónicos.

Domingo 25 de febreiro ás 18h.  Actuarán:

Domingo 25 de marzo ás 18h.

Entrada: Gratuíta.

Evento VimanGo

A fin de semana do sábado 10 e  domingo 11 de marzo teremos unha nova edicón do evento de VimanGo.

Programación en pdf

 

 

IV Concurso Videoclips Musicais VigoSónico

Vigosónico convoca o IV Concurso Videoclips Vigosónico para premiar o espíritu creativo das/os participantes. A convocatoria ten as seguintes bases:

PARTICIPANTES:

Poderán participar no concurso grupos e solistas de calquera estilo musical, na que o 50% dos/as compoñentes están empadroados/as no Concello de Vigo, para o que se pode solicitar volante de empadroamento ao inscribirse.

CONDICIÓNS TÉCNICAS

    1. A participación no concurso é gratuíta e poderá ser individual ou por grupos.

    2. Para acceder ao concurso presentárase un proxecto, en formato vídeo, de carácter artístico e calquera estilo musical. O tema ten que ser orixinal tanto en música, letra e todos aqueles contidos inseridos, sendo propietarios/as e da autoría dos mesmos.

    3. A duración do videoclip non será maior de 10 minutos, nin ocupar máis de 400 Mb (cunha resolución máxima de 720p HD) en arquivo compatible con YouTube, poderanse xuntar os vídeos con maior calidade para a súa proxección o día da final.

    4. Admitirase un máximo de 2 propostas artísticas por grupo ou solista.

    5. Aceptarase o material audiovisual en soporte dixital que pode ser achegado en: Pendrive, CD, DVD, etc. e o formato do vídeo (AVI, MOV, etc. ) ten que ser compatible con YouTube, en caso contrario será responsabilidade do grupo ou solista facilitalo nun formato axeitado.

    6. Os traballos achegaranse presencialmente nas instalacións de Vigosónico, do 2 de maio ao 2 de xuño de 2017 no horario e días de apertura de VigoSónico.

    7. No momento da achega do material audiovisual as/os participantes deberán entregar a folla de inscrición asinada por todas/os as/os compoñentes do grupo, incluíranse: nome do grupo, título do traballo, características técnicas do vídeo e os datos persoais das/os compoñentes. No caso de que os participantes sexan menores de idade deberan contar ademais cunha autorización dos/as pais/nais ou titores legais.

    8. Os/As participantes autorizarán a ubicación dos vídeos polo menos durante a duración do concurso e durante un mes posterior á celebración do mesmo.

    9. O contido das obras deberá ser respectuoso, calquera contido discriminatorio será motivo de expulsión do concurso.

    10. A participación no concurso supón a aceptación das presentes bases, quedando fóra de concurso as obras que non cumpran algunha das condicións antes expostas.

CALENDARIO DO CONCURSO

Apertura prazo de inscricións: dende o 2 de maio de 2017.

Recollida do material audiovisual: do 2 de maio ó 2 de xuño de 2017.

Mostra dos videoclips en YouTube na canle Vigosónico e no blog de www.vigosonico.org: do 4 ao 10 de Xuño.

Proxección videoclips e achega de premios: domingo 11 de Xuño de 2017 a partir das 17:00h.

PREMIOS:

Estableceránse os seguintes premios:

1º.- Vale de compra da tenda Backstage Guitars de 100 €.

2º.- Vale de compra da tenda Backstage Guitars de 50 €.

3º.- Vale de compra da tenda Backstage Guitars de 30 €.

SISTEMA DE VALORACIÓN E PUNTUACIÓN

O sistema de valoración das creacións artísticas estará composto de 3 valoracións parciais para escolla das/os gañadores: un xurado, votación do público no blog de www.vigosonico.org e a puntuación de “positivos” dos videoclips na canle de YouTube de VigoSónico.

  1. O xurado estará composto por membros escollidos por Vigosónico con experiencia e/ou profesionais do medio que suporán 2/4 da valoración final. O fallo do xurado será inapelable, os premios poderán quedar desertos si así o xurado o determina. Os criterios a valorar serán a orixinalidade, a adecuación as bases do concurso, a innovación e a creatividade.

  2. Os videoclips estarán expostos no blog de www.vigosonico.org cun sistema para a votación online do 4 ao 10 de Xuño . Suporá 1/4 da valoración final.

  3. Os videoclips estarán expostos na canle de YouTube Vigosónico do 4 ao 10 de Xuño polo que se valorará ata o mesmo día da proxección os votos en positivo de cada vídeo na canle. Suporá 1/4 da valoración final.

  4. A valoración final unha vez obtidas as tres puntuacións faráse pública ao rematar a proxección dos videoclips e posteriormente na web de VigoSónico: www.vigosonico.org e nas redes sociais que emprega o programa.

DIFUSIÓN DAS OBRAS:

Unha vez fallado o concurso, os vídeos da proposta gañadora poderán ser empregados por Vigosónico a efectos da difusión do programa, por calquera medio de reprodución ou divulgación, facendo constar o nome dos/as autores/as.

OUTRAS DETERMINACIÓNS:

  • A organización poderá introducir, si o considera necesario, as modificacións que estime convintes para o bó funcionamento do concurso.

  • Vigosónico poderá levar a cabo as accións que considere oportunas para difundir as obras presentadas, co fin de promocionar o concurso e o programa VigoSónico.

Bases do concurso en pdf: descargar

Folla de inscrición para participara no concurso: descargar

Musicando a Rosalía: resultado primeira fase concurso.

MusicandoRosaliaBanner250O resultado das votacións online foron os seguintes:

1º Son de fóra: “Algúns din”
2º Xardín Desordenado co tema: “A viúva”.
3º Dioivo co tema: “Sempre pola morte esperas”.
4º Os Merlos co tema: “Non che teño medo moucho”.
5º Mínima Son co tema: “mais o que ben quixo un dia”.
6º Liz & the Blacksoul Band co tema: “Castellanos de Castilla”.
7º Smell Smiling Snails co tema: “Poema de Rosalía de Castro (III Cantares Gallegos)”.

20160331Votacions00h

O resultado da votación do xurado na primeira fase foi:

1º Xardín Desordenado co tema: “A viúva”.
2º Os Merlos co tema: “Non che teño medo moucho”.
3º Mínima Son co tema: “mais o que ben quixo un dia”.
4º Dioivo co tema: “Sempre pola morte esperas”.
5º La Cloaka Sound co tema: “Adios”.
6º Smell Smiling Snails co tema: “Poema de Rosalía de Castro (III Cantares Gallegos)”.
7º Liz & the Blacksoul Band co tema: “Castellanos de Castilla”.

O xurado estivo composto por:

  • Dna. Uxía Blanco Concelleira da Área de Igualdade, Xuventude e Normalización Linguística do Concello de Vigo.
  • Dna. Pilar Carneiro Xefa de Servizo da Concellería de Xuventude do Concello de Vigo.
  • Equipo de VigoSónico.

Fase Final

Os grupos/solistas que participarán na fase final do vindeiro domingo día 17 de abril nas instalacións de VigoSónico ás 20h., serán 2 pola votación online e 2 pola votación do xurado, sendo os seguintes:

  • Son de fóra: “Algúns din”
  • Xardín Desordenado co tema: “A viúva”.
  • Os Merlos co tema: “Non che teño medo moucho”.
  • Mínima Son co tema: “mais o que ben quixo un dia”.

Gravación cd

Os grupos/solistas que terán opción de participar na gravación do cd son os seguintes:

  1. Son de fóra: “Algúns din”
  2. Xardín Desordenado co tema: “A viúva”.
  3. Os Merlos co tema: “Non che teño medo moucho”.
  4. Mínima Son co tema: “mais o que ben quixo un dia”.
  5. Dioivo co tema: “Sempre pola morte esperas”.
  6. Liz & the Blacksoul Band co tema: “Castellanos de Castilla”.
  7. Smell Smiling Snails co tema: “Poema de Rosalía de Castro (III Cantares Gallegos)”.
  8. La Cloaka Sound co tema: “Adios”.

RosaliaFinalWeb