Vitamusic: Os instrumementos eléctricos de corda na música: pop, rock, ….

Os instrumementos eléctricos de corda na música: pop, rock, reggae, funky, heavy, ….

Un percorrido por distintos intrumentos e a súa aplicación a música moderna: baixo, guitarra eléctrica, guitarra acústica, ukelele, etc.

Data: sábado 19 de maio

Hora: de 17 a 20h.

Os obradoiros son para mozas e mozos de 13 a 35 anos empadroados no Concello de Vigo.

Preinscríbete

A asignación de prazas farase segundo a orde de chegada das solicitudes por medio deste formulario online.
Veracidade dos datos inseridos:
No caso de indicar neste formulario datos falsos pode supoñer a exclusión da asignación das prazas, estes datos teñen que ser corroborados coa presentación da documentación requirida para os cursos antes do seu comezo:
– DNI, carné de conducir ou pasaporte vixente.
– Volante do empadroamento no Concello de Vigo.
Rematado o prazo de inscricións comunicárase por medio do correo electrónico a concesión de prazas.
As persoas admitidas nos cursos deberán comunicar con tempo abondo (mínimo 2 días) que rexeitan a praza, no caso de non facelo, poden ser excluídas de vindeiras convocatorias dos cursos de VigoSónico.

Os obradoiros son gratuítos.

Os obradoiros que xa teñan as prazas cubertas non aparecerán no listado.

Todas as actividades faranse en:
Vigosónico – Concello de Vigo na Estrada do Portal s/n (Valadares)
Teléfono: 986 475 403

Preinscríbete

 

Cursos de Formación Musical: de abril a xuño 2018.

Cursos de Formación Musical.

Os cursos son de iniciación, gratuítos e cunha duración trimestral están destinados a mocidade empadroada en Vigo de idades comprendidas entre os 13 e os 35 anos.

A asignación de prazas farase segundo a orde de chegada das solicitudes por medio deste formulario online.
Veracidade dos datos inseridos:
No caso de indicar datos falsos pode supoñer a exclusión da asignación das prazas, estes datos teñen que ser corroborados coa presentación da documentación requirida para os cursos antes do seu comezo:
– DNI, carné de conducir ou pasaporte vixente.
– Volante do empadroamento no Concello de Vigo.
Rematado o prazo de inscricións comunicárase por medio do correo electrónico a concesión de prazas.
As persoas admitidas nos cursos deberán comunicar con tempo abondo (mínimo 2 días) que rexeitan a praza, no caso de non facelo, poden ser excluídas de vindeiras convocatorias dos cursos de VigoSónico.

Os cursos son de iniciación, gratuítos e cunha duración trimestral. As quendas estableceránse en función do número de alumnos/as a partires da hora indicada para cada un deles. A duración de cada clase é de 60 minutos.

O alumnado segundo o calendario comunicado terá que asistir as clases tendo un máximo de 3 faltas ao curso, é dicir en todo o trimestre. A persoa beneficiaria do curso deberá avisar da súa ausencia antes da realización da clase, enviando un correo electrónico.

Os cursos de INICIACIÓN II son para persoas que xa realizaran o curso de iniciación I da mesma temática. A listaxe de cursos é:

  • Curso de iniciación ao Ukelele: martes de 20h.-21h. nas instalacións de VigoSónico de abril a xuño 2018.
  • Curso de iniciación ao baixo eléctrico: martes de 21h.-22h. nas instalacións de VigoSónico de abril a xuño 2018.
  • Curso de iniciación á técnica vogal I: martes de 19:00h.-20h. nas instalacións de VigoSónico de abril a xuño 2018.
  • Curso de iniciación á técnica vogal II*: martes de 20h.-21h. nas instalacións de VigoSónico de abril a xuño 2018.
  • Curso de iniciación á guitarra I: mércores de 19:00h.-20h. nas instalacións de VigoSónico de abril a xuño 2018.
  • Curso de iniciación á guitarra II*: mércores de 20:00h.-21h. nas instalacións de VigoSónico de abril a xuño 2018.
  • Curso de iniciación á bateria I: venres de 17h.-18h. nas instalacións de VigoSónico de abril a xuño 2018.
  • Curso de iniciación á bateria II*: venres de 18h.-19h nas instalacións de VigoSónico de abril a xuño 2018.

*Para estes grupos a persoa interesada debe que ter realizado o nivel I do curso de inciación en VigoSónico.

Material a traer para o curso.

Baixo: Para o curso de baixo eléctrico terás que traer o teu propio baixo eléctrico.

Ukelele: Para o curso de ukelele terás que traer o teu propio instrumento.

Guitarra: Para o curso de guitarra terás que traer a túa propia guitarra, pode ser clásica ou eléctrica.
Técnica vogal: non é preciso traer nada.
Batería: Para o curso de batería terás que traer un xogo de baquetas.

Preinscribirse

(as preisncricións comezarán o vindeiro 23 de marzo)

Despois do proceso de asignación de prazas comunicaranse por correo electrónico a cada persoa a ficha para traer o primeiro día xunto a outra documentación, pódese descargar aquí:

Descarga: Ficha inscrición para as persoas con praza.

 

Concerto Sónico marzo de 2018

Concerto Sónico.

Domingo 25 de marzo ás 18h. Actuarán:

  • ATTAX
  • DASHLINE

 

Entrada: Gratuíta.

 

 

Concerto Sónico febreiro de 2018

Concerto Sónico.

Domingo 25 de febreiro ás 18h. Actuarán:

Domingo 25 de marzo ás 18h.

Entrada: Gratuíta.

Vídeos da actuación en VigoSónico:

Concertos Navia no Nadal: grupos VigoSónico

Este ano no Nadal en Navia haberá disversas actividades: obradoiros, contacontos ….e concertos de grupos de VigoSónico!!! achégate!!!

Os días 23, 25,26, 27, 28 e 30 de decembro na carpa que se ubicará en Navia actuarán 2 bandas cada día das que ensaian nos locais de ensaio municipais. Atoparedes moitos estilos musiciais de grupos de xente moza todos con moitas gañas de actuar e facelo ben.

Os concertos comezarán ás 21:30h. e rematarán sobre ás 23h. a entrada é de balde. Novo horario para os concertos dos días 27, 28 e 30 serán de 20 a 22h. Entrada gratuíta.

Lugar: carpa instalada en Navia.

Sábado 23 decembro:

  • LEGACY OF SORROW
Luns 25 decembro:

Martes 26 decembro:

última hora: Cancelado polo temporal

Mércores 27 decembro:

Xoves 28 decembro:

Sábado 30 decembro:

Algunhas fotos dos concertos: