Gañadores/as do Concurso “Vigo en Vivo 2019”

Despois do concerto da Gala final do sábado 5 de outubro celebrado na Praza da Constitución o resultado final do Concurso foi:

1º Posto e grupo gañador do concurso. Premiados/as coa gravación de 3 maquetas en Vigosónico e realización dun videoclip do tema que elixan:

TINTA

2º Posto. Premiados/as coa gravación de 2 maquetas en Vigosónico

MARLOWE

3º Posto. Premiados/as coa gravación de 1 maquetas en Vigosónico:

TAY G

Fotos da final realizadas por Lalo Villar :

 

 

Finalista Concurso “Vigo en Vivo 2019”

CONCURSO VIGO EN VIVO. 2019

Como resultado da derradeira rolda de votacións (combinado de votacións vía web vigosonico.org e as do xurado) saíron os 6 finalistas que tocarán na gala final da que sairán os 3 gañadores que serán elixidos polo xurado ao remate da gala.

O concerto da Gala final será este sábado 5 de outubro ás 20,30hs na Praza da Constitución.

FINALISTAS PARA A GALA FINAL DO CONCURSO VIGO EN VIVO 2019:

  • PURPLEFLY
  • TINTA
  • TAI G
  • ENSAMBLE VERXEL
  • MARLOWE
  • LYER & DJ MIRAGE

Concurso Vigo en Vivo: Vídeos das actuacións.

 

CONCERTOS DO CONCURSO VIGO EN VIVO 2019. Concellería de Xuventude.

A Concellería de Xuventude está a desenvolver na cidade o“Concurso de música Vigo en Vivo 2019” co obxectivo de fomentar a creación musical e premiar o espíritu creativo das e dos participantes a través dun concurso no que as bandas sen disco propio e sen espazos onde tocar, teñan a posibilidade de facelo nun espazo emblemático da nosa cidade.
No desenrolo deste concurso contémplase unha fase de celebración de concertos na rúa a partir da que se realizarán votacións a posteriori que permitirán elixir aos gañadores.

O lugar elixido para realizar ditos concertos é a Praza da Constitución en Vigo.
O calendario previsto de celebración de ditos concertos é o seguinte: Días 13 e 14, 20 e 21 de setembro. E o día 27 de setembro. Dende as 20,00hs.

Cada grupo deberá tocar, como mínimo, un tema propio e 3 cover, cunha duración máxima de entre 15/20 minutos de duración. O tema propio de cada grupo será gravado e subirase á web de
vigosonico.org.
Unha vez subidos todos os temas abrirase unha rolda de votacións popular a través da web vigosonico.org. Os votos dos e das usuarios/as terán un valor do 50% e, o outro 50% corresponderá a un xurado formado por persoas relacionadas e recoñecidas profesionalmente dentro do mundo da
música.
Desta rolda de votacións sairán os 6 finalistas que tocarán nunha gala final da que sairán os 3 gañadores que serán elixidos polo xurado ao remate da gala.

Dia 13 

  • Rusty bones
  • Tai G
  • Maria Canosa
Invitado y jurado- Maldito Murphy grupo 

Dia 14

  • Tinta 
  • Lyer & Dj Mirage
Invitado y jurado-Frans Bansfield 

Dia 20

  • Dioivo
  • Purplefly
  • Blue Sunflowers
Invitados y jurado-Daniel Rodriguez Dj 

Dia 21

Pola previsión de mal tempo o sábado múdanse as actuacións ao LUNS 23

  • Marlowe
  • Ronseya
  • Grupo NÓS sustitúe por Duryzzz
Invitado y jurado: Jacobo Sainz

Dia 27

  • Ensamble Verxel
  • Keren Hapuc
  • Ash Santos
Invitado y jurado-Mon Band 

Concerto Sónico Solidario Decembro 2018

Concerto Sónico Solidario.

Recollida de alimentos non perecedoiros para o Banco de Alimentos de Vigo durante todo o mes nas instalacións de Vigosónico e durante o concerto.

Sábado 22 de decembro ás 18h.

Actuarán as bandas:

Banda viguesa de Stoned rock alternativo.

Banda de grunge viguesa formada por Adri a guitarra, Furry a batería e Irene ao baixo.
https://www.facebook.com/Oldoggies/

  • CHEAP LIPSTICK
Banda post punk formada por Amanda (batería) e Tania (Voz e guitarra) á que se incorpora Toni (baixo) neste concerto.
Instagram: @cheaplipstick_
Entrada: Gratuíta. Solicitase achega de alimentos non perecedoiros para o Banco de Alimentos de Vigo.