Programación VigoSónico de Febreiro e Marzo do 2018

A programación de VigoSónico para os meses de Febreiro e Marzo do 2018 ten eventos,  cursos, obradoiros e actividades, todas gratuítas para a mocidade empadroada en Vigo de 13 a 35 anos.

Coma sempre ti escolles as actividades,  anímate a probar!!!!

Programación en pdf

Obradoiro de iniciación a Lingua de Signos.

Un obradoiro para comezar a coñecer a linguaxe de signos empregada por persoas sordas. (datas e horarios confirmaranse en breve)

Preinscríbete

Obradoiros manualidades.

  • Obradoiro decoración cup cakes. Sábado 10 Febreiro 17-19h.
  • Obradoiro de camisetas pintadas. Venres 16 de febreiro de 17-19h.

  • Obradoiro de cestos reciclaxe. Venres 16 de marzo de 17-19h.

  • Obradoiro Cup cakes: decoración pasta de azucre. Sábado 17 Marzo 17-19h.

Obradoiro de sonorización de concertos.

Como se montan os elementos para o son nun concerto ao vivo e a parte de técnico de son dende a mesa.

  • Sábado 24 e domigo 25 de Febreiro de 17 a 20h.

Curso básico de gravación e edición en estudio.

No estudio de  gravación das instalacións de VigoSónico aprenderás como se fai unha gravación musical e a súa edición dun xeito práctico empregando medios profesionais.

Sábado 3 e domingo 4 de marzo de 2018 de 17 a 20h.

Preinscríbete

Concurso de Disfraces de Entroido Musical

O sábado 17 e domingo 18 de febreiro en modalidade grupos e solistas. Entre as 18 e 20h. no salón multiusos

Que grupo/solista admiras? disfrázate del/es/as e ven a participar no Concurso de Disfrazes. Non é preciso que traías instrumentos, tampouco que cantes…se ti non queres, so moitas gañas e bo humor para imitar aos artístas que ti escollas.

Haberá premios para as mellores caracterizacións.

Podedes inscribirvos até o venres 16 de febreiro ás 20h.

Nota: a realización do concurso está supeditada a un mínimo de participantes.

Rematado o prazo de inscricións e non chegando a un número abondo para a súa realización, cancélase o Concurso de Disfraces Musicais.

 

Concertos Sónicos.

Domingo 25 de febreiro ás 18h.  Actuarán:

Domingo 25 de marzo ás 18h.

Entrada: Gratuíta.

Evento VimanGo

A fin de semana do sábado 10 e  domingo 11 de marzo teremos unha nova edicón do evento de VimanGo.

Programación en pdf

 

 

Programación VigoSónico de Xuño e Xullo do 2017

A programación de VigoSónico para os meses de xuño e xullo ten eventos, concursos, cursos, obradoiros e actividades, todas gratuítas para a mocidade empadroada en Vigo de 13 a 35 anos.

Coma sempre ti escolles as actividades,  anímate a probar!!!!

Preinscríbete

Programación en pdf

Obradoiro Luthier Guitarra/Baixo.

Impartido por José Luís Tojo.

Sábado 17 de xuño de 18 a 21h. Entrada de balde.

Contidos do obradoiro:

  • Coidado e mantemento dunha guitarra ou baixo para optimizar o máximo.
  • A facilidade de interpretación.
  • Quintaxe o octavacion.
  • Axustes de tremolos.
  • Axuste de pastillas.
  • Nivelado e pulido de trastes.

Obradoiros manualidades.

  • Obradoiro posavasos con Hamabeads. Sábado 3 de xuño (17:00 a 18:30)
  • Obradoiro camisetas pintadas. Sábado 10 de xuño (17:00 a 18:30)
  • Obradoiro tazas decoradas. Sábado 1 de xullo (17:00 a 18:30)
  • Obradoiro gargantillas. Sábado 15 de xullo (17:00 a 18:30)

Concerto Sónico.

Venres 16 de xuño ás 18h. Entrada gratuíta.

Concerto grupos de VigoSónico en La Fábrica de Chocolate.

Xoves 29 de xuño ás 22h. actuación de grupos que ensaian en VigoSónico na sala La Fábrica de Chocolate na rúa Rogelio Abalde 22 – Vigo

 

Web: http://fabricadechocolateclub.com/

Facebook: https://www.facebook.com/LaFabricaDeChocolateClub.Vigo

 Preinscríbete

Final IV Concurso de Videoclips VigoSónico

Os videoclips gañadores daranse a coñecer o Domingo 11 xuño ( 18:00 a 20:00) no salón de multiusos coa proxección de todos os vídeos participantes e a achega de premios. Entrada de balde.

III Concurso deseño carátula para o cd Recopilatorio VigoSónico 2017

Vigosónico convoca o “III Concurso do Deseño da Carátula do Cd Recopilatorio VigoSónicopara que a mocidade de Vigo participe nun proxecto artístico musical, engadindo a parte de creación en deseño gráfico para a carátula do álbum, que contará con temas dos grupos usuarios/as dos locais de ensaio de Vigosónico. Bases do concurso en pdf

 Evento VimanGO

O sábado 24 e o domingo 25 de xuño terá lugar  o evento VimanGo organizado pola Asociación Androide 42.

Entre moitas das actividades haberá: Xogos de mesa, Concursos, Trivials, Relato curto e debuxo, Survival Zombie, Cosplay, Softcombat, Torneos 3DS, Trivial,  e moito máis.

Haberá transporte en bus de Vitrasa a VigoSónico o sábado 24 e o domingo 25 na liña 12B.

768a48ab-4fcd-41e2-8032-de1882c2f7cf