Cursos de Formación Musical: cuadrimestre novembro 2015 a febreiro 2016.

Cursos de Formación Musical.

Os cursos son de iniciación, gratuítos e cunha duración cuadrimestral. As quendas son de 60 minutos e estableceránse en función do número de alumnos/as a partires da hora indicada para cada un deles.

O alumnado segundo o calendario de asistencia terá que asistir as clases tendo un máximo de 3 faltas ao curso, é dicir en todo o cuadrimestre. A persoa beneficiaria do curso deberá avisar da súa ausencia antes da realización da clase, enviando un correo electrónico.

  • Curso de iniciación á bateria: martes a partires das 19:30h. nas instalacións de VigoSónico de novembro de 2015 a febreiro de 2016.**
  • Curso de iniciación á guitarra: mércores a partires das 19h. nas instalacións de VigoSónico de novembro de 2015 a febreiro de 2016.*
  • Curso de iniciación á técnica vogal: xoves a partires das 19h. nas instalacións de VigoSónico de novembro de 2015 a febreiro de 2016.
  • Curso de iniciación ao baixo eléctrico: venres a partires das 19h. nas instalacións de VigoSónico de novembro de 2015 a febreiro de 2016.***

*Para o curso de guitarra terás que traer a túa propia guitarra, pode ser clásica ou eléctrica.
** Para o curso de batería terás que traer un xogo de baquetas.
*** Para o curso de baixo eléctrico terás que traer o teu propio baixo.

As preinscricións comezarán o 12 de outubro e podense realizar no seguinte formulario:

Preinscribirse

Descarga: Ficha inscrición para as persoas con praza.

Cursos Formación Musical VigoSónico

Vídeo Master Class Baixo Eléctrico de Rubén Alonso “Palomo”.

Xa podedes visionar a Master Class tanto para os que viñechedes como para os/as que non tivéchedes ocasión de asistir a tedes ao completo:

Master Class Baixo Eléctrico por Rubén Alonso “Palomo” (Fallen Sentinel – Endorser Ibanez).

O vindeiro domingo 7 de  xuño teremos unha Master Class de Baixo Eléctrico a cargo de Rubén Alonso “Palomo” (Fallen Sentinel – Endorser Ibanez) aínda que non toquedes o baixo merecerá  a pena vela, non a perdades!!!

Data de realización: domingo 7 de xuño de 2015.
Horario: 19:00h.
Lugar: VigoSónico (Estrada do Portal s/n – Vigo).
Entrada: Gratuíta ata completar aforo. Non é preciso facer preinscrición.

Unha pequena biográfia:

Rubén Alonso “Palomo” é o profesor de baixo eléctrico de DZ Guitar (Vigo), academia que durante o presente curso está preparando a 100 alumnos para os exames de Rockschool (Londres) do próximo mes de xullo, sendo unha das súas delegacións oficiais máis punteiras da península.

Poseedor dun certificado de “Grade 8 – Electric Bass Guitar”, outorgado polo centro inglés, tamén realizou outros cursos orientados a este instrumento como “Bass Performance 101” de Beerklee School of Music (Boston – USA), ademáis de outros relacionados coa música como “Sonido en Directo” de Artenet Madrid, “Luthería Antigua” e “Sonido y Música Moderna”, ambos na EMAO de Vigo, e “Grabación de Baterías” de Planta Sónica de Vigo.

Baxista e cantante de Fallen Sentinel (1997 – actualidade),  gravaron 3 discos coa formación, que compartiu escenario con grupos de nivel mundial como Cradle of Filth (UK), Overkill (USA), Gamma Ray (GER), Immortal (NO), Cynic (USA), Primal Fear (GER), Primordial (IR), 3 Inches of Blood (CA), Draconian (NO), Exodus (USA), Suidakra (GER), …
A súa última actuación, fai escasas semanas reunindo unhas 250 persoas na Sala Master en Vigo e gravada íntegramente para o seu próximo DVD é so a confirmación da grande traxectoria dunha das bandas de máis relevancia da historia do metal galego.

Nesta masterclass, achegaranos ao relativamente descoñecido mundo do baixo eléctrico, falando da súa historia, tipos de instrumentos, amplificación, efectos, e sobre todo das técnicas na súa execución nos diversos roles que un baixista pode desenvolver nun contexto de banda segundo o seu estilo, con demostracións prácticas e co seu personal e única forma de comunicar os seus coñecementos, que valéronlle ser o profesor de decenas de alumnos desde fai varios anos.

Cartaz Baixo Eléctrico.