Vitamusic Novembro: obradoiros gratuítos de Técnica Vogal

VITAMUSIC

Que son as VITAMUSIC? Consisten en sesións formativas de 1 hora para aprender técnicas específicas dun instrumento, impartidas polos profesores que dan formación en VigoSónico. Para participar hai que ter coñecementos prevíos de cada instrumento, estimándose un nível medio da clase. Cada participante ten que traer o seu propio instrumento no caso da guitarra e os bateristas so as súas baquetas, para Técnica Vogal non é preciso traer nada.

Prazas limitadas, hai que facer preinscrición e prégase puntualidade.

Os obradoiros son  gratuítos e destinados a mocidade empadroada en Vigo de idades comprendidas entre os 13 e os 35 anos.

Novembro 2017

Técnica Vogal.

  • 21 Novembro: I AFINACIÓN Ferramentas técnicas para mellorar a entoación. Horario de 21-22h.
  • 28 Novembro: II IMPROVISACIÓN Como constrúo unha liña vogal?. Horario de 21-22h.

Podes facer a túa preinscrición enchendo o seguinte formulario:

Facer preinscrición

Cursos de Formación Musical: novembro 2017 a xaneiro 2018.

Cursos de Formación Musical.

Os cursos son de iniciación, gratuítos e cunha duración trimestral están destinados a mocidade empadroada en Vigo de idades comprendidas entre os 13 e os 35 anos.

A asignación de prazas farase segundo a orde de chegada das solicitudes por medio deste formulario online.
Veracidade dos datos inseridos:
No caso de indicar datos falsos pode supoñer a exclusión da asignación das prazas, estes datos teñen que ser corroborados coa presentación da documentación requirida para os cursos antes do seu comezo:
– DNI, carné de conducir ou pasaporte vixente.
– Volante do empadroamento no Concello de Vigo.
Rematado o prazo de inscricións comunicárase por medio do correo electrónico a concesión de prazas.
As persoas admitidas nos cursos deberán comunicar con tempo abondo (mínimo 2 días) que rexeitan a praza, no caso de non facelo, poden ser excluídas de vindeiras convocatorias dos cursos de VigoSónico.

Os cursos son de iniciación, gratuítos e cunha duración trimestral. As quendas estableceránse en función do número de alumnos/as a partires da hora indicada para cada un deles. A duración de cada clase é de 60 minutos.

O alumnado segundo o calendario comunicado terá que asistir as clases tendo un máximo de 3 faltas ao curso, é dicir en todo o trimestre. A persoa beneficiaria do curso deberá avisar da súa ausencia antes da realización da clase, enviando un correo electrónico.

Os cursos de INICIACIÓN II son para persoas que xa realizaran o curso de iniciación I da mesma temática. A listaxe de cursos é:

  • Curso de iniciación ao baixo eléctrico (grupo 1): martes de 20h.-21h. nas instalacións de VigoSónico de novembro 2017 a xaneiro 2018.
  • Curso de iniciación ao baixo eléctrico (grupo 2): martes de 21h.-22h. nas instalacións de VigoSónico de novembro 2017 a xaneiro 2018.
  • Curso de iniciación á técnica vogal I: martes de 19:00h.-20h. nas instalacións de VigoSónico de novembro 2017 a xaneiro 2018.
  • Curso de iniciación á técnica vogal II*: martes de 20h.-21h. nas instalacións de VigoSónico de novembro 2017 a xaneiro 2018.
  • Curso de iniciación á guitarra I: mércores de 19:00h.-20h. nas instalacións de VigoSónico de novembro 2017 a xaneiro 2018.
  • Curso de iniciación á guitarra II*: mércores de 20:00h.-21h. nas instalacións de VigoSónico de novembro 2017 a xaneiro 2018.
  • Curso de iniciación á bateria (grupo 1): venres de 17h.-18h. nas instalacións de VigoSónico de novembro 2017 a xaneiro 2018.
  • Curso de iniciación á bateria (grupo 2): venres de 18h.-19h nas instalacións de VigoSónico de novembro 2017 a xaneiro 2018.

*Para estes grupos a persoa interesada ten que ter realizado o nivel I do curso de inciación en VigoSónico.

Material a traer para o curso.

Baixo: Para o curso de baixo eléctrico terás que traer o teu propio baixo eléctrico.
Guitarra: Para o curso de guitarra terás que traer a túa propia guitarra, pode ser clásica ou eléctrica.
Técnica vogal: non é preciso traer nada.
Batería: Para o curso de batería terás que traer un xogo de baquetas.

Preinscribirse

(as preisncricións comezarán o vindeiro 14 de outubro)

Despois do proceso de asignación de prazas comunicaranse por correo electrónico a cada persoa a ficha para traer o primeiro día xunto a outra documentación, pódese descargar aquí:

Descarga: Ficha inscrición para as persoas con praza.

 

Concurso VideoClips musicais VigoSónico 2017: votacións.

Participantes no IV Concurso VideoClips musicais VigoSónico:

No IV Concurso Videoclips como nas edicións anteriores solicitamos a vosa colaboración para escoller os mellores videoclips participantes, podedes votar de 2 xeitos (podedes facelo en ambas):

  • “Gústame” de YouTube
  • Polas votacións na web de VigoSónico.

Lembrade que o domingo 11 de xuño dende ás 18h. proxectaranse todos os videoclips participantes no salón de VigoSónico e despois farase a achega de premios.

As votacións para o concurso están pechadas. O domingo 11 ás 19h. farase a achega de premios no salón. Haberá proxección prevía de todos os videoclips dende as 18h.
Xa podedes ver o resultado do concurso en: https://vigosonico.org/iv-concurso-videoclips-musicais-vigosonico-ganadores/

Podes ver todos os vídeos na lista de reprodución do concurso:

Videoclips participantes na orde de achega ao concurso:

STOYKA – Fireshines

CINTA ADHESIVA – O deserto

KOMODO – Puma Pride

RONIN SHOW – Juicios y embargos

LA CLOAKA SOUND – Quebec

ASEL COLLINS – No Hotel

LÍCOR CAFRE – Caleidoscopio

BAKARRÁ – NOITES DE ORQUESTRA

KINGS OF THE BEACH – Sunset

IVORY CON REAL LA CLIKA – Juicio

 Dalle a “Gústame” en YouTube aos teus videoclips favoritos e tamén vota polo teu preferido en:

As votacións para o concurso están pechadas. O domingo 11 ás 19h. farase a achega de premios no salón. Haberá proxección prevía de todos os videoclips dende as 18h.

 

Programación VigoSónico de Marzo do 2017

A programación de VigoSónico para o mes de Marzo ten eventos, cursos, obradoiros e actividades todas gratuítas para a mocidade empadroada en Vigo de 13 a 35 anos.

Coma sempre ti escolles as actividades,  anímate a probar!!!!

Preinscríbete

Programación en pdf

Curso para a busca emprego.

  “Da carta de presentación á Marca persoal”. Novas ferramentas para a busca de emprego. Sábado 25 de marzo de 17:30 a 20:30h.empregoweb

Obradoiros.

  • Obradoiro Bandanas de Trapillo. Sábado 11 de marzo: 17:30-19:30h.trapilloweb
  • Obradoiro Marcapáxinas Goma Eva. Sábado 18 de marzo: 17:30-19:30h.gomaevaweb
  • Obradoiro: Xoguetes Papel “TIE FIGHTER” de Star Wars. Sábado 25 de marzo: 17:30-19:30h.tiefightweb2

Concerto Sónico: acústico.

Domingo 26 de marzo ás 18h. Entrada gratuíta.
Actuarán:

  • Bruno & Santy

Formación Musical. Cursos gratuítos de iniciación:

  • Curso de baixo eléctrico. Martes de 20 a 21h.
  • Curso de guitarra. Mércores de 19:30 a 21h.
  • Curso de técnica vogal. Xoves de 19:30 a 21h.
  • Curso de batería. Venres de 17 a 18h.

Toda a información dos cursos: aquí

Evento VigOtaku

O sábado 4 de marzo haberá unha nova edición de VigOtaku en VigoSónico, organizado pola Asociación Acto Primero as actividades comezarán a partires das 17h.
Conferencia, Concurso de Cosplay, Concurso de Debuxo, Trivial Otaku, Karaoke libre, Torneos: Weiss Schwardz, Final Fantasy (TCG), Pokémon 3DS (Sun/Moon) e Naruto Play 4.

 

Preinscríbete

Programación en pdf

 

Transporte fin de semana.

Lembra que os sábados e domingos temos servizo de Vitrasa para subir a VigoSónico:

768a48ab-4fcd-41e2-8032-de1882c2f7cf

Localizar: Google Maps

Transporte en bus: Servizo Vitrasa a VigoSónico: sábados e domingos

2017mar2web

 

 

Cursos de Formación Musical: cuadrimestre marzo a xuño 2017.

Cursos de Formación Musical.

Os cursos son de iniciación, gratuítos e cunha duración cuadrimestral están destinados a mocidade empadroada en Vigo de idades comprendidas entre os 13 e os 35 anos.

O alumnado segundo o calendario comunicado terá que asistir as clases tendo un máximo de 3 faltas ao curso, é dicir en todo o cuadrimestre. A persoa beneficiaria do curso deberá avisar da súa ausencia antes da realización da clase, enviando un correo electrónico.

  • Curso de iniciación ao baixo eléctrico: martes de 20h.-21h. nas instalacións de VigoSónico de marzo a xuño 2017.
  • Curso de iniciación á guitarra: mércores de 19:30h.-21h. nas instalacións de VigoSónico de marzo a xuño 2017.
  • Curso de iniciación á técnica vogal: xoves de 19:30h.-21h. nas instalacións de VigoSónico de marzo a xuño 2017.
  • Curso de iniciación á bateria: venres de 17:00h.-18:00h. nas instalacións de VigoSónico de marzo a xuño 2017.

Material a traer para o curso.

Baixo: Para o curso de baixo eléctrico terás que traer o teu propio baixo eléctrico.
Guitarra: Para o curso de guitarra terás que traer a túa propia guitarra, pode ser clásica ou eléctrica.
Técnica vogal: non é preciso traer nada.
Batería: Para o curso de batería terás que traer un xogo de baquetas.

Preinscribirse

Descarga: Ficha inscrición para as persoas con praza.