Programación de VigoSónico de xuño e xullo de 2016.

Xa podedes consultar a programación e anotarvos nas actividades que máis vos interesen, todas son gratuítas.

Programación en pdf

Inscríbete aquí http://xuventudevigo.org/vigosonico-2/

Indicando: Nº de carné de Xuventude, Nome e Apelidos*, Enderezo*, DNI*, Data de Nacemento (DD/MM/AAAA)*, Email*, Teléfono* (os datos cun * son obrigatorios)

III Concurso VideoClips: prazo achegas do 18/05/2016 até o 17/06/2016

Master Class Guitarra: Alberto Cereijo. Sábado 25 de xuño 2016 ás 17:00h.

Concerto Final Cursos Formación Musical domingo 26 de xuño 2016 ás 17:00h.
Final do III Concurso VideoClips domingo 26 de xuño 2016 ás 19:00h.

Concertos Sónicos

  • Domingo 19 de xuño ás 18h.
  • Domingo 3 de xullo ás 18h.
  • Domingo 24 de xullo ás 18h.

Xuño

  • Curso de gravación en estudio. Sábados: 4 e 11; domingos 5 e 12 de xuño de 17 a 19h.
  • Curso de Sitio Web con WordPress.com* Martes 7,14,21 e 28 de xuño de de 17 a 19h.
  • Obradoiro Chaveiros Hamabeads. Venres 3 de xuño de 17 a 19h.
  • Obradoiro Pulseiras Kuminihimo. Venres 10 de xuño de 17 a 19h.
  • Obradoiro Bolas antistres. Venres 17 de xuño de 17 a 19h.
  • Obradoiro Marcos con cordas. Xoves 23 de xuño de 17 a 19h.

Xullo

  • Curso Iniciación Deseño gráfico con Software Libre. Días 12, 13 e 14 de xullo de 17 a 19H.
  • Obradoiro Sonorización Concertos. Sábado 2 e domingo 3 de 17 a 20h.
  • Obradoiro de edición de son (básico). Xoves 14 e venres 15 de xullo de 17 a 20h.
  • Obradoiro Iniciación Dj. Sábado 16 de xullo de 17 a 19h.
  • Obradoiro Informática: Deseño Interiores Sweet Home 3d. Mércores 20 de xullo de 17 a 20h.

Reciclando os venres.

  • Obradoiros “Traballamos con papel”: Abaloiros papel + posavasos. Venres 1 de xullo de 17 a 20h.
  • Obradoiros Bricks e latas”: carteiras e portavelas. Venres 15 de xullo de 17 a 20h.
  • Obradoiros “Plástico”: pulseiras + portamoedas. Venres 22 de xullo de 17 a 20h.

programacion traseira

Cursos de Formación Musical: trimestre abril a xuño 2016.

Cursos de Formación Musical.

Os cursos son de iniciación, gratuítos e cunha duración trimestral. As quendas son de 60 minutos e estableceránse en función do número de alumnos/as a partires da hora indicada para cada un deles.

O alumnado segundo o calendario de asistencia terá que asistir as clases tendo un máximo de 3 faltas ao curso, é dicir en todo o trimestre. A persoa beneficiaria do curso deberá avisar da súa ausencia antes da realización da clase, enviando un correo electrónico.

  • Curso de iniciación ao baixo eléctrico II*: martes de 21h.-22h. nas instalacións de VigoSónico de abril a xuño de 2016.
  • Curso de iniciación á guitarra: mércores de mércores de 19h.-20h. nas instalacións de VigoSónico de abril a xuño de 2016.
  • Curso de iniciación á guitarra II*: mércores de 20h.-21h. nas instalacións de VigoSónico de abril a xuño de 2016.
  • Curso de iniciación á técnica vogal: xoves de 19h.-20h. nas instalacións de VigoSónico de abril a xuño de 2016.
  • Curso de iniciación á técnica vogal II*: xoves de 20h.-21h. nas instalacións de VigoSónico de abril a xuño de 2016.
  • Curso de iniciación á bateria: venres de 19:00h.-20:00h. nas instalacións de VigoSónico de abril a xuño de 2016.
  • Curso de iniciación á bateria II*: venres de 20:00h.-21:00h. nas instalacións de VigoSónico de abril a xuño de 2016.
  • Obradoiro de creación de letras de cancións. Informaremos de datas e horarios despois das inscricións.

* Para facer a segunda parte dos cursos de iniciación é preciso ter feito algúns dos cursos de iniciación cumprindo coa asistencia ao mesmo.

 

Material a trae para o curso.

Baixo: Para o curso de baixo eléctrico terás que traer o teu propio baixo.
Guitarra: Para o curso de guitarra terás que traer a túa propia guitarra, pode ser clásica ou eléctrica.
Técnica vogal: non é preciso traer nada.
Batería: Para o curso de batería terás que traer un xogo de baquetas.

As preinscricións comezarán o 8 de marzo de 2016 e  realizanse no seguinte formulario:

Preinscribirse

Descarga: Ficha inscrición para as persoas con praza.

 

Cursos de Formación Musical: cuadrimestre novembro 2015 a febreiro 2016.

Cursos de Formación Musical.

Os cursos son de iniciación, gratuítos e cunha duración cuadrimestral. As quendas son de 60 minutos e estableceránse en función do número de alumnos/as a partires da hora indicada para cada un deles.

O alumnado segundo o calendario de asistencia terá que asistir as clases tendo un máximo de 3 faltas ao curso, é dicir en todo o cuadrimestre. A persoa beneficiaria do curso deberá avisar da súa ausencia antes da realización da clase, enviando un correo electrónico.

  • Curso de iniciación á bateria: martes a partires das 19:30h. nas instalacións de VigoSónico de novembro de 2015 a febreiro de 2016.**
  • Curso de iniciación á guitarra: mércores a partires das 19h. nas instalacións de VigoSónico de novembro de 2015 a febreiro de 2016.*
  • Curso de iniciación á técnica vogal: xoves a partires das 19h. nas instalacións de VigoSónico de novembro de 2015 a febreiro de 2016.
  • Curso de iniciación ao baixo eléctrico: venres a partires das 19h. nas instalacións de VigoSónico de novembro de 2015 a febreiro de 2016.***

*Para o curso de guitarra terás que traer a túa propia guitarra, pode ser clásica ou eléctrica.
** Para o curso de batería terás que traer un xogo de baquetas.
*** Para o curso de baixo eléctrico terás que traer o teu propio baixo.

As preinscricións comezarán o 12 de outubro e podense realizar no seguinte formulario:

Preinscribirse

Descarga: Ficha inscrición para as persoas con praza.

Cursos Formación Musical VigoSónico

Concerto Sónico o sábado 11 de xullo.

O vindeiro sábado 11 de xullo de 2015 ás 18:00h. teremos un Concerto Sónico na que actuarán as seguintes bandas:

4 Notas.

Komodo.

Broken Silence.

Non o perdades!!!

Coma sempre entrada gratuíta.

Hora:  18:00 h.

Lugar: VigoSónico (Estrada do Portal s/n – Valadares).

Concerto Sónico Xullo

 

Localiza o mapa co Qr:

QrMapa

Concerto Sónico o domingo 28 de xuño: Rap.

O vindeiro domingo 28 de xuño de 2015 teremos un Concerto Sónico adicado ao rap e ademais cunha actuación de baile, actuarán os grupos de rap:

Facebook: https://www.facebook.com/perrosnortenhos?fref=ts

Canle YouTube: https://www.youtube.com/channel/UCxXaxIsSMoxFHQ7G_OH1hvA

Facebook: https://www.facebook.com/pages/I-D/1514943078754145?sk=likes

Canle YouTube: https://www.youtube.com/channel/UC0prJIeLX5nTBBsJVdkw73Q


e contaremos cunha actuación extra para completar o concerto:

Exhibición de baile hip hop con Weba’s Crew.

Consistirá en: Un show coa duración de 6 minutos, dividida en tres partes, xa que utilizamos unha temática e música diferente para cada unha.
O motivo de que o show estea dividido en tres partes é porque queremos transmitir unha mensaxe. Facemos unha crítica á sociedade actual, á robotización das personas e a falla de emocións. Queremos representar o retorno ao puro, as nossas raíces, fuxir do rutinario e pararnos un intre a contemplar o que hai ao redor para poder valoralo e atoparnos con nos mesmos, buscar o que realmente queremos.
Por iso o título do show é “Libérate”. Liberarse das opresións e os protocolos do que se debe facer e o camiño que debes escoller para plantexarte o que realmente persigues e queres acadar con cada paso que das.
O que pretendemos con isto é que fundamentalmente se entienda el mensaje y que la gente se plantee un poco estas cuestiones.

Non o perdades!!!

Coma sempre entrada gratuíta.

Hora:  19:00 h.

Lugar: VigoSónico (Estrada do Portal s/n – Valadares).

Concerto Sónico de Rap 28 de xuño de 2015.