Programación nos meses de Marzo e Abril de 2015 en VigoSónico. Estes meses podedes atopar unha variedade de cursos, obradoiros e outras actividades. Ti escolles o que máis che guste.
Consulta a programación en pdf: programación
____________________________
Cursos de Formación Musical
Fai a túa preinscrición nos cursos que se desenvolverán nos meses de marzo, abril e maio. Despois achegarémosche por correo electrónico as datas e horarios para que poidas confirmar a túa matricula.
Os cursos son de iniciación e totalmente gratuítos. Prazas limitadas.
- Curso de iniciación á guitarra: mércores de 17 a 18:00h. nas instalacións de VigoSónico de marzo a maio de 2015.*
- Curso de iniciación á bateria: mércores de 19 a 20:30h. nas instalacións de VigoSónico de marzo a maio de 2015.**
- Curso de inciación á técnica vogal: venres de 19 a 20:00h. nas instalacións de VigoSónico de marzo a maio de 2015.
*Para o curso de guitarra terás que traer a túa propia guitarra, pode ser clásica ou eléctrica.
** Para o curso de batería terás que traer un xogo de baquetas.