CONCURSO DE MÚSICA VIGO EN VIVO

PRAZO DE PRESENTACIÓN AMPLIADO  ATA O 30 DE AGOSTO (incluído)

A Concellería de Xuventude do Concello de Vigo convoca o Concurso de música “Vigo en Vivo” para grupos de música noveis do municipio de Vigo.

Preténdese fomentar a creación musical e premiar o espírito creativo das e dos participantes a través dun concurso no que as bandas sen disco propio e sen espazos onde tocar, teñan a posibilidade de facelo nas rúas e outros lugares emblemáticos da nosa cidade.

* Poderán participar no concurso grupos e/ou solistas de calquera estilo musical no que, a lo menos, o 50% dos e das compoñentes deberán estar empadroados no Concello de Vigo.

* A lo menos un 75% dos e das compoñentes do grupo deberán ter entre 14 e 35 anos de idade máximo.

* Non poderán ter ningún traballo publicado con anterioridade en ningunha plataforma de difusión de contido audiovisual de carácter profesional.

* No caso de menores de idade deberán axuntar a correspondente autorización paterno/materna.

Bases do concurso

Inscríbete en:

FORMULARIO DE INSCRICIÓN

VimanGo Superheroes e Superheroínas 2019

A fin de semana do: sábado 13 e domingo 14 de xullo, VigoSónico acollerá o evento VimanGo Superheroes e Superheroínas 2019 que organiza a Asociación Androide 42. Con entrada libre é gratuíta para mocidade de 13 a 30 anos.

ACTIVIDADES.

CONCURSOS:

  • CONCURSO DE COSPLAY
  • CONCURSO DE TRIVIALS
  • CONCURSO DE BAILE IDOL / KPOP

TORNEOS:

  • TORNEO INJUSTICE 2
  • TORNEO SUPER SMASH BROS

KPOP.

Zona adicada ao K-POP, onde disfrutaredes das actividades que realizarán as mozas de Oh my girl Spain.

XOGOS DE MESA.

CHARLAS. Perfís psicolóxicos de heroes e viláns.

STANDS CON DISTINTAS TEMÁTICAS.

Servizo de VITRASA:

Horario sábado con 2 viaxes de súbidas e 1 de baixada :

· 11:20h (mañá) e outro as 16:00h e baixada as 21:30h.

Horario de domingo:

Súbida ás 16:00h. e baixada ás 21:30h.

Paradas co seu horario

  • Saídas Farola Urzáiz ás 11:20 , 16 h. do sábado e 16h. do domingo
  • Gran Vía: Parada en antiguo Cluny. 11:22 y 16:02
  •  Praza de España: 11:25 y 16:05
  • Gran Vía parada entre rúa Tarragona e Salamanca: 11:27 y 16:07
  • Avda. Castrelos: Parada diante do Pavillón de Deportes das Travesas: 11:30 e 16:10
  •  Avda. Castrelos: Parada diante do Parque de Castrelos: 11:32 e 16:12

Horarios e localización das actividades:

Programación xuño e xullo: Verán Xove en VigoSónico.

Dentro das actividades de Verán Xove do Concello de Vigo en VigoSónico poderedes facer e participar nas seguintes actividades durante os meses de xuño e xullo:

Xuño.

  • Obradoiro de sonorización de concertos. Sábado 8 e domingo 9 de xuño de 17 a 20h. Fai a túa preinscrición.
  • Concerto Sónico. Domingo 9 de xuño ás 18h. Entrada libre e de balde. (cancelado)
  • Obradoiro Técnica Vogal: “O que esconde a miña voz”. Martes 25 de xuño de 17 a 19h. Fai a túa preinscrición.

 

Xullo.

  • Master Class de baixo eléctrico. Impartida por Rubén Alonso “Palomo”. Martes 2 de xullo de 20 a 22h.Fai a túa preinscrición.

  • Obradoiro de sonorización de concertos. Sábado 6 e domingo 7 de xullo de 17 a 20h. Fai a túa preinscrición.
  • Concerto Sónico. Domingo 7 de xullo ás 18h. Entrada libre e de balde. (cancelado)
  • Evento VimanGo. Sábado 13 e domingo 14 de xullo de 17 a 21h. Cosplay, concursos, torneos de videoxogos, xogos de mesa, charlas, Kpop, etc. Entrada libre e de balde.

Cartaz VimanGo

Vitamusic Maio: obradoiros gratuítos de formación musical

VITAMUSIC

Que son as VITAMUSIC? Consisten en sesións formativas de 1 hora para aprender técnicas específicas dun instrumento, impartidas polos profesores que dan formación en VigoSónico. Para participar hai que ter coñecementos prevíos de cada instrumento, estimándose un nível medio da clase. Cada participante ten que traer o seu propio instrumento no caso da guitarra e os bateristas so as súas baquetas, para Técnica Vogal non é preciso traer nada.

Prazas limitadas, hai que facer preinscrición e prégase puntualidade.

Os obradoiros son  gratuítos e destinados a mocidade empadroada en Vigo de idades comprendidas entre os 13 e os 35 anos.

Técnica Vogal.

RESPIRACIÓN. Control diafragmático. Martes 14 Maio: Horario de 21-22h.

PROXECCIÓN DO SON. Traballo sobre resoadores. Martes 28 Maio: Horario de 21-22h.

guitarra

Arpexios de cuatriada a través do mástil. Mércores 15 Maio: Horario de 21-22h.

Conexións de escalas pentatónicas. Mércores 29 Maio: Horario de 21-22h.

ukelele

Como facer melodías no ukelele. Sábado 25 Maio: Horario de 16:30-18:30h.

Podes facer a túa preinscrición enchendo o seguinte formulario:

Facer preinscrición

 

Vitamusic Abril: obradoiros gratuítos de formación musical

VITAMUSIC

Que son as VITAMUSIC? Consisten en sesións formativas de 1 hora para aprender técnicas específicas dun instrumento, impartidas polos profesores que dan formación en VigoSónico. Para participar hai que ter coñecementos prevíos de cada instrumento, estimándose un nível medio da clase. Cada participante ten que traer o seu propio instrumento no caso da guitarra e os bateristas so as súas baquetas, para Técnica Vogal non é preciso traer nada.

Prazas limitadas, hai que facer preinscrición e prégase puntualidade.

Os obradoiros son  gratuítos e destinados a mocidade empadroada en Vigo de idades comprendidas entre os 13 e os 35 anos.

Técnica Vogal.

Uso do Micrófono: Como combinar técnica e tecnoloxía. Martes 2 Abril: Horario de 21-22h.

Fai a túa Canción: Como crear a túa liña melódica. Martes 16 Abril: Horario de 21-22h.

Ferramentas básicas para a Técnica Vogal. Martes 30 Abril: Horario de 21-22h.

BAIXO ELÉCTRICO.

Harmónicos naturais e artificiais. Martes 16 abril de 18-20h.

guitarra

Power chords. Mércores 17 Abril: Horario de 21-22h.

Harmonizando melodías II. Mércores 24 Abril: Horario de 21-22h.

Podes facer a túa preinscrición enchendo o seguinte formulario:

Facer preinscrición