Formulario inscrición concurso “VIGO EN VIVO”

Queres incribirte no concurso Vigo en Vivo?
Benvido/a!
Pero antes é obrigatoria a lectura e comprensión das bases do concurso.

 

Os datos persoais obtidos nestes procedementos incorporaránse ás correspondentes actividades de tratamento do Concello de Vigo e serán tratados coa finalidade específica de cada tratamento de conformidade coa regulación establecida polo Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello sobre protección de datos de carácter persoal e demáis disposicións de aplicación, e en concreto para a xestión das solicitudes, valoración ou baremación da concurrencia dos requisitos, publicación en diario ou boletín oficial e, no seu caso, o control e fiscalización das axudas e subvencións.

A lexitimación do tratamento está baseada no consentimento das persoas interesadas, así como no Artigo 6.1.e) RXPD e o tramtamento necesario para o cumprimento dunha misión realizada no interese público ou en exercicio dos poderes públicos conferidos ó responsable do tratamento.

O prazo de conservación dos datos dependerá do especificado para cada tratamento de datos persoais e se conservarán durante o tempo necesario para cumprir coa finalidade para a que se recabaron.
Os datos solicitados únicamente serán obseto de cesión, no seu caso, previo consentimento da persoa interesada de acordo co previsto na citada lexislación ou da xurdida da relación que o Concello estableca cun encargado do tratamento. Tamén hai que ter en conta as obrigas legais aplicables ó responsable do tratamento (Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeral de Subvencións; Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Reglamento da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións; outra lexislación, europea ou autonómica).

As persoas cuxos datos persoais sexan tratados polo Concello de Vigo poderán exercitar os dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición ou limitación do tratamento e portabilidade, así como a opoñerse á toma de decisións individuais automatizadas, incluída a elaboración de perfís, na forma prevista na lexislación vixente sobre a materia, ante o órgano responsable do ficheiro. No caso de descoñecer este órgano, a solicitude dirixiráse dpd.vigo@vigo.org

Por outro lado e co fin de lograr a efectiva difusión deste programa para as vindeiras convocatorias e co obxectivo de garantir os principios de transparencia, accesibilidade da información e veracidade (artigo 2 da Lei 1/2016, de 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno), poderán recollerse experiencias fotográficas das instalacións e das persoas participantes, que poderán empregarse en noticias contidas en xornais ou publicacións e divulgadas tanto nos portais web do Concello de Vigo como nas súas redes sociais.

Unha vez procesada a solicitude, poñerémonos en contacto para a confirmación da inscrición.