VimanGo Samaín 2018

A fin de semana do: sábado 27 e domingo 28 de outubro, VigoSónico acollerá o evento VimanGo Samaín. que organiza a Asociación Androide 42. Comezará o sábado ás 12h. até as 21h. e o domingo comezará ás 17h. até as 21h. con entrada libre é gratuíta para mocidade de 13 a 30 anos.

SERVIZO DE AUTOBÚS

Como en anteriores edicións teremos servizo de Vitrasa para subir e baixar a VigoSónico e poder participar no evento. Os horarios serán:

Horario sábado 27 de outubro con 2 viaxes de súbidas e 1 de baixada : 

  • 11:20h.  pola mañá será a 1ª subida que partirá da Farola de Urzáiz, con paradas ao longo do percorrido Urzaiz – G. Vía – avd. De Castrelos y Clara Campoamor.

  • 16:00h. pola tarde será a 2ª subida que partirá da Farola de Urzáiz, con paradas ao longo do percorrido Urzaiz – G. Vía – avd. De Castrelos y Clara Campoamor.
  • Baixada so haberá un único bus que baixará ás 21:30h.

Horario de domingo 28:  Súbida ás 16:00h. (mesmo percorrido e paradas do sábado) e baixada ás 21:30h.

Paradas do autobus de Vitrasa durante o percorrido:

  • Saídas Farola Urzáiz ás 11:20 , 16 h.
  • Gran Vía: Parada en antiguo Cluny.
  • Praza de España.
  • Gran Vía parada entre rúa Tarragona e Salamanca.
  • Avda. Castrelos: Parada diante do Pavillón de Deportes das Travesas.
  • Avda. Castrelos: Parada diante do Parque de Castrelos .

ACTIVIDADES.

CONCURSOS:

  • CONCURSO DE COSPLAY
  • CONCURSO DE TRIVIALS
CONCURSO POSTRES TERRORÍFICOS- SÁBADO 27

Nesta edición temos un concurso para lamberse os dedos.
Tratase de crear o postre máis terroríficamente delicioso.
Para participar non tes máis que preparar os teus instrumentos de cociña, elaborar a túa mellor receita e subila o sábado á hora de comer.
Neste concurso para escoller ao ganador/a terase en conta os puntos fundamentais, a presentación e a degustación. Acompañando o postre debedes achegar unha nota cos ingredientes empregados facendo especial fincapé nos alérxenos, tales como 0vo, leite, froitos secos, trigo, froitas…

Os postres serán degustados polo xurado e posteriormente repartiranse entre o público asistente.
Durante a achega de premios, realizada ao final do evento no salón de actos darase a coñecer ao gañ
ador/a.

Preparados, listos… A COCIÑAR!

Concurso Curtas Terror

Abrimos boca co noso concurso estrela desta edición. Explota a túa imaxinación a través dunha curta de terror para facernos tremer a todos, pero ollo, tenrás só 1 minuto para contarnos a túa historia.
Para participar, sube o teu vídeo a Youtube ou Instagram co hashtag #VimanGoSamain (e mándanos a ligazón a través dalgunha das nosas redes sociais para evitar que se perdan nun despiste), ou se o prefires algo de intimidad envíanolo directamente a vimangovigo@gmail.com
Podes botarlle un ollo ás bases completas do concurso aquí: https://docs.google.com/…/1wUdXaxUYU3icyladi2jk79gPC9…/edit…

TORNEOS:

TORNEO POKEMON GO

Bases:
Durante todo o tempo que dura o evento (12:00 a 21:00 do sábado e das 17:00 ás 20:00 do domingo) poderedes tantos pokemon fantasma coma vos

sexa posibel. O Domingo antes das 20:00h deberedes achegarvos a información para deixar constancia de cal é o Pokemon Fantasma con mellor IV.

Queda prohibido a utilización de fakes gps e demáis ferramentas que vos desen ventaxa sobre o resto de concursantes.

 

Bases do Torneo Fortnite

-Xogarase en PS4 en 2 consolas simultáneas.
-O formato a utilizar será Rei de pista e xogarase contra usuarios/as aleatorios/as en liña.
-Cada xogador/a acadará puntos en función da súa posición na partida seguindo o seguinte cadro.
-Cada baixa causada polos xogadores/as no top 20 sumarán 2 puntos adicionais a súa puntuación.
-Está terminantemente prohibido campear. Calquera acción deste tipo conlevará a eliminación da partida.
– As prazas están limitadas a 16 concursantes, se ben a organización poderá ampliala dependendo da saturación de horarios. Poderedes reservar  a vosa
praza cunha mensaxe privada ao noso Instagram @VimanGoVigo ou ao noso correo electrónico: vimangovigo@gmail.com, e confirmar a asistencia en Información ao chegar ao evento.

Puntuacións:
#1 – 25 puntos
#2 – 20 puntos
#3 – 15 puntos
#4 – 13 puntos
#5 – 11 puntos
#6 – 10 puntos
#7 – 9 puntos
#8 – 8 puntos
#9 – 7 puntos
#10 – #11 – 6 puntos
#12 – #13 – 5 puntos
#14 – #15 – 4 puntos
#16 – #17 – 3 puntos
#18 – #20 – 2 puntos

Super Nintendo Mini Classic durante todo o evento.

TORNEO TEKKEN

Se o sábado temos Torneo de Dragon Ball, o domingo tocalle ao Tekken. A votación foi tan igualada que optamos por poñer os dous.

TORNEO DRAGON BALL FIGHTERZ

Volven Songoku e o resto dos guerreiros Z á VimanGo, nesta ocasión co  último xogo da obra de Toriyama para PS4.

CHARLAS:
  • YUMICOSPLAY
  • CHARLA GENSOKYO TCG
KPOP.

SOFTCOMBAT:

  • Torneo puntuable ranking nacional.
XOGOS DE MESA.

Horarios das actividades:

 

Concertos Navia no Nadal: grupos VigoSónico

Este ano no Nadal en Navia haberá disversas actividades: obradoiros, contacontos ….e concertos de grupos de VigoSónico!!! achégate!!!

Os días 23, 25,26, 27, 28 e 30 de decembro na carpa que se ubicará en Navia actuarán 2 bandas cada día das que ensaian nos locais de ensaio municipais. Atoparedes moitos estilos musiciais de grupos de xente moza todos con moitas gañas de actuar e facelo ben.

Os concertos comezarán ás 21:30h. e rematarán sobre ás 23h. a entrada é de balde. Novo horario para os concertos dos días 27, 28 e 30 serán de 20 a 22h. Entrada gratuíta.

Lugar: carpa instalada en Navia.

Sábado 23 decembro:

  • LEGACY OF SORROW
Luns 25 decembro:

Martes 26 decembro:

última hora: Cancelado polo temporal

Mércores 27 decembro:

Xoves 28 decembro:

Sábado 30 decembro:

Algunhas fotos dos concertos:

 

Concerto na Fábrica de Chocolate grupos VigoSónico

VigoSónico grazas a colaboración da sala La Fábrica de Chocolate Club que no seu apoio a grupos da cidade de Vigo puxo a disposición da mesma para a actuación de 3 grupos que realizan os seus ensaios nas instalacións de VigoSónico.

Data: 29 de xuño de 2017
Hora: 22h.
Entrada: 3€ podes mercalas en  http://fabricadechocolateclub.com/?events=inculpados-black-seed-a-poetics
Lugar:  Fabrica de Chocolate (rúa Rogelio Abalde, 22
Vigo)
Web: http://www.fabricadechocolateclub.com
Facebook: https://www.facebook.com/LaFabricaDeChocolateClub.Vigo
Twitter: https://twitter.com/lafabricavigo
Os grupos que actuarán nesta ocasión:

A. Poetics

No somos ni Justin Biberón, ni One Dirección ni Pitbull. Somos A.Poetics, un grupo de   Happy Punk, nacido a caballo entre Roma y España. 

Somos un grupo de amigos que nos hemos unido para crear melodías y letras. Para causar sentimiento en nuestro público. Nuestra pretensión está clara, que nuestra música os haga mover las entrañas, congelar el tiempo y acelerar vuestros corazones. Que sintáis lo que nosotros sentimos. La pasión y energía que ponemos al componer cada una de nuestras canciones

Como maestro de las cuatro cuerdas y cimientos de nuestras canciones, Marcos, un melómano hasta decir basta. A la batería, marcando el ritmo y contrólanos David. En las seis cuerdas, como guitarra solista, desgarrando melodías y cargando de energía con sus solos, Hammi. Y a la composición, guitarra rítmica por hacer algo y voz, XIII.

A.Poetics es esa manzana ácida y dulce. Tímida y atrevida. Así es nuestra música. Atrévete a morderla. Happy Punk del bueno

Referentes:

PXDNX y huelga decir más. MCR en sus comicios al igual que Green Day entre una larga lista de grupos.

Redes sociais:

https://www.facebook.com/APoetics/

http://a-poetics.webnode.es/

https://www.instagram.com/apoetics/

Black Seed

Biografía: 5 jóvenes que, con muchas ganas y tesón, hemos decidido juntarnos y hacer lo que nos apasiona, música y puro divertimento. Mezclando los diferentes gustos musicales de cada uno, como el Rock como raíz básica, hemos decidido fusionarlos para dar lugar a lo que hacemos en Black Seed: una retransmisión de lo que sale de nuestras almas, en forma de una música enérgica!

This slideshow requires JavaScript.

Miembros:

  •  Santi Groba: Guitarra / Guitar
  •  Jaime Álvarez: Guitarra / Guitar
  •  Iria Calvo: Batería / Drums
  •  Marcos Domínguez: Bajo / Bass
  •  Luisma Meijide : Voz / Vocals

Influencias: Rock clásico ( Neil young, Ac/Dc…)  Glam Rock ( Quiet Riot, Withesnake… )  Rock contemporáneo ( Foo fighters, Airbourne.. )  Grunge/Alternative ( Audioslave, Finger Eleven… )

Enlaces de web:

Ritmoceronte

Ritmoceronte é unha banda de rock formada en 2011 e composta por amigos do barrio vigués de Coia. A formación actual está composta por Francisco López ás voces, Iago López á guitarra, Pedro Verdía ó baixo e David Barreiro á batería. Ritmoceronte practican un rock sólido e enérxico, moi influenciado por bandas como The Who, Van Halen, Guns N Roses ou ACDC.

Redes sociais:

https://www.facebook.com/pg/Ritmoceronte

Algunhas imaxes do Concerto:

III Concurso deseño carátula para o cd Recopilatorio VigoSónico 2017

Vigosónico convoca o “III Concurso do Deseño da Carátula do Cd Recopilatorio VigoSónicopara que a mocidade de Vigo participe nun proxecto artístico musical, engadindo a parte de creación en deseño gráfico para a carátula do álbum, que contará con temas dos grupos usuarios/as dos locais de ensaio de Vigosónico.

A convocatoria ten as seguintes bases:

PARTICIPANTES:

Poderán participar no concurso mozas/os entre os 13 e os 35 anos empadroados/as en Vigo. As/os participantes menores de idade terán que presentar unha autorización asinada do pai/nai/titor/a xunto cunha fotocopia do dni dos mesmos.

CONDICIÓNS TÉCNICAS

    1. A participación no concurso é gratuíta e individual.

    2. Para acceder ao concurso presentarase o deseño en formato dixital. Poderá presentarse impreso, tendo que achegar os arquivos para a súa posterior utilización no caso dos/as gañadores/as.

      Ou físico, neste caso, precisa dar a posibilidade de obter unha óptima dixitalización.

    3. As/os participantes poderán presentar ata un máximo de dous deseños, sempre con contido totalmente orixinal.

    4. O formato deberá ser 120x120mm., ou superior proporcionalmente, deixando sempre un sangue de 3mm., cunha resolución mínima de 300ppp (puntos por pulgada).

    5. A obra deberá incluír o logo de Vigosónico facilitado na web, do contrario será incluído polo equipo de Vigosónico.

    6. O equipo de Vigosónico reservase o dereito de adaptar as obras co fin de que cumpran a súa función comunicativa.

    7. Aceptarase o deseño en soporte dixital que pode ser achegado en: pendrive, cd, etc., e/ou envialo ao correo electrónico de Vigosónico: vigosonico@vigo.org

    8. Os traballos tamén poderán achegarse ás instalacións de Vigosónico, do 16 de Maio ó 30 de Xuño no horario e días de apertura de VigoSónico (de martes a domingo de 16:00h a 22:00h)

    9. No momento da achega dos traballos, xa sexa por correo electrónico ou de forma presencial, as/os participantes deberán encher a folla de inscrición, onde se incluíran os seguintes datos: nome e apelidos do autor, enderezo, DNI, correo electrónico e título do traballo, haberá que presentar o DNI para constatar os datos.

    10. O contido das obras deberá ser respectuoso, calquera contido discriminatorio será motivo de exclusión do concurso.

    11. A participación no concurso supón a aceptación das presentes bases, quedando excluídas as obras que non cumpran algunha das condicións antes expostas.

CALENDARIO DO CONCURSO

Prazo de inscrición e recollida material artístico: do 16/5/2017 até o 30/06/2017.

PREMIOS:

Establecese un 1º e 2º premio para os deseños finalistas:

1º premio: certificado gañador + vale 50€ + copia cd

2º premio: certificado 2º finalista + copia cd

Vigosónico achegará aos deseños finalistas un certificado como recoñecemento á sua creatividade e participación na parte do deseño gráfico da carátula do álbum, incluído no proxecto artístico “Cd Recopilatorio Vigosónico”.

SISTEMA DE VALORACIÓN

O sistema de valoración das creacións artísticas estará composto por un xurado de Vigosónico. O fallo do xurado será inapelable, o concurso poderá declararse deserto si así o xurado o determina. Os criterios a valorar serán a orixinalidade, a adecuación as bases do concurso, a innovación e a creatividade.

A valoración final farase pública na web de xuventude http://www.xuventudevigo.org/ e nas redes sociais.

DIFUSIÓN DAS OBRAS:

Unha vez fallado o concurso, os deseños finalistas poderán ser empregados por Vigosónico a efectos da difusión do programa, por calquera medio de reprodución ou divulgación, facendo constar o nome do/a autor/a.

A organización resérvase o dereito de empregar as carátulas finalistas para outros fins diferentes aos estritos do concurso así como á propia adaptación do deseño.

OUTRAS DETERMINACIÓNS:

  • A organización poderá introducir, si o considera necesario, as modificacións que estime convintes para o bo funcionamento do concurso.

Bases do concurso en pdf

Ficha de inscrición (pdf)

Recopilatorio VigoSónico 2016: xa o podes escoitar!

Hoxe o Alcalde de Vigo D. Abel Caballero e a Concelleira de Xuventude Dna. Uxía Blanco presentaron o cd Recopilatorio 2016 de VigoSónico, aquí tedes algunhas imaxes do momento da presentación:

 

This slideshow requires JavaScript.

Neste cd 11 grupos gravaron no estudio de VigoSónico os seus temas e que xa podedes escoitar:

Contraportada Recopilatorio 2016

Vídeo do Making of da gravación do Recopilatorio 2016: