Obradoiro deseño de interiores co programa Sweet Home 3D

Obradoiro deseño de interiores co programa Sweet Home 3D*

Neste obradoiro aprenderás a iniciarte no manexo desta ferramenta de deseño en 3D cos seguintes contidos:

  • Crear planta e estrutura dende un plano.
  • Ubicación do mobiliario.
  • Modificación de paredes e mobiliario.
  • Presentación en 3D.
  • Exportación do proxecto a : imaxes, vectorial e vídeo con percorrido en 3D.

Data de realización: Xoves 7 de Maio de 2015.
Horario: de 17 a 20h.
Lugar: Aula de informática de VigoSónico.
Gratuíto.
*Para os cursos de informática precisase ter práctica no emprego de correo electrónico e de informática básica, no caso de non cumprir este requisito impedirá a realización do curso.

Inscríbete: https://vigosonico.org/programacion-de-maio-a-xullo-2015/

Obradoiro deseño de interiores co programa Sweet Home 3D

Curso Sonorización Concertos

Neste curso poderás aprender a parte teórica para a sonorización dun concerto e facer prácticas do aprendido nun Concerto Sónico. No curso aprenderás:

  • Fundamentos do son.
  • Equipamento e tipos de conexións.
  • Rider técnico e plano de escenario.
  • Monitorización para interpretes.
  • Mestura e tratamento do son .

Curso Sonorización Concertos Maio.
Data de realización: Sábado 9 e Domingo 10 de Maio de 2015.
Horario: de 17 a 20h.
Lugar: VigoSónico (Estrada do Portal s/n – Vigo).
Gratuíto.

Curso Sonorización Concertos Xuño.
Data de realización: Sábado 13 e domingo 14 de xuño de 17 a 20h.
Horario: de 17 a 20h.
Lugar: VigoSónico (Estrada do Portal s/n – Vigo).
Gratuíto.

Inscríbete: https://vigosonico.org/programacion-de-maio-a-xullo-2015/

Curso de Sonorización de Concertos.

 

Programación de VigoSónico de maio a xullo de 2015.

Xa podedes consultar a programación e anotarvos nas actividades que máis vos interesen, tedes toda a información na nosa páxina: https://vigosonico.org/programacion-de-maio-a-xullo-2015/

programacionmaioWEB