Concurso Vigo en Vivo: Vídeos das actuacións.

 

CONCERTOS DO CONCURSO VIGO EN VIVO 2019. Concellería de Xuventude.

A Concellería de Xuventude está a desenvolver na cidade o“Concurso de música Vigo en Vivo 2019” co obxectivo de fomentar a creación musical e premiar o espíritu creativo das e dos participantes a través dun concurso no que as bandas sen disco propio e sen espazos onde tocar, teñan a posibilidade de facelo nun espazo emblemático da nosa cidade.
No desenrolo deste concurso contémplase unha fase de celebración de concertos na rúa a partir da que se realizarán votacións a posteriori que permitirán elixir aos gañadores.

O lugar elixido para realizar ditos concertos é a Praza da Constitución en Vigo.
O calendario previsto de celebración de ditos concertos é o seguinte: Días 13 e 14, 20 e 21 de setembro. E o día 27 de setembro. Dende as 20,00hs.

Cada grupo deberá tocar, como mínimo, un tema propio e 3 cover, cunha duración máxima de entre 15/20 minutos de duración. O tema propio de cada grupo será gravado e subirase á web de
vigosonico.org.
Unha vez subidos todos os temas abrirase unha rolda de votacións popular a través da web vigosonico.org. Os votos dos e das usuarios/as terán un valor do 50% e, o outro 50% corresponderá a un xurado formado por persoas relacionadas e recoñecidas profesionalmente dentro do mundo da
música.
Desta rolda de votacións sairán os 6 finalistas que tocarán nunha gala final da que sairán os 3 gañadores que serán elixidos polo xurado ao remate da gala.

Dia 13 

  • Rusty bones
  • Tai G
  • Maria Canosa
Invitado y jurado- Maldito Murphy grupo 

Dia 14

  • Tinta 
  • Lyer & Dj Mirage
Invitado y jurado-Frans Bansfield 

Dia 20

  • Dioivo
  • Purplefly
  • Blue Sunflowers
Invitados y jurado-Daniel Rodriguez Dj 

Dia 21

Pola previsión de mal tempo o sábado múdanse as actuacións ao LUNS 23

  • Marlowe
  • Ronseya
  • Grupo NÓS sustitúe por Duryzzz
Invitado y jurado: Jacobo Sainz

Dia 27

  • Ensamble Verxel
  • Keren Hapuc
  • Ash Santos
Invitado y jurado-Mon Band 

CONCURSO DE MÚSICA VIGO EN VIVO

PRAZO DE PRESENTACIÓN AMPLIADO  ATA O 30 DE AGOSTO (incluído)

A Concellería de Xuventude do Concello de Vigo convoca o Concurso de música “Vigo en Vivo” para grupos de música noveis do municipio de Vigo.

Preténdese fomentar a creación musical e premiar o espírito creativo das e dos participantes a través dun concurso no que as bandas sen disco propio e sen espazos onde tocar, teñan a posibilidade de facelo nas rúas e outros lugares emblemáticos da nosa cidade.

* Poderán participar no concurso grupos e/ou solistas de calquera estilo musical no que, a lo menos, o 50% dos e das compoñentes deberán estar empadroados no Concello de Vigo.

* A lo menos un 75% dos e das compoñentes do grupo deberán ter entre 14 e 35 anos de idade máximo.

* Non poderán ter ningún traballo publicado con anterioridade en ningunha plataforma de difusión de contido audiovisual de carácter profesional.

* No caso de menores de idade deberán axuntar a correspondente autorización paterno/materna.

Bases do concurso

Inscríbete en:

FORMULARIO DE INSCRICIÓN

V Concurso VideoClips musicais VigoSónico 2018: votacións.

Participantes no V Concurso VideoClips musicais VigoSónico:

No V Concurso Videoclips como nas edicións anteriores solicitamos a vosa colaboración para escoller os mellores videoclips participantes, podedes votar de 2 xeitos (podedes facelo en ambas):

  • “Gústame” de YouTube  (non se teñen en conta os votos negativos) na nosa canle: https://www.youtube.com/VigosonicoXuventude Cada persoa pode darlle ao nº de vídeos que considere.
  • Polas votacións na web de VigoSónico. As persoas teñen que escoller o vídeo que máis lle guste para votar.

Lembrade que o domingo 24 de xuño dende ás 17h. proxectaranse todos os videoclips participantes no salón de VigoSónico e despois farase a achega de premios.

El Pelotón de los Torpes – “Ciudad sin ley” (1ºposto)

La Cloaka Sound y J.C.A. – “Y poder soñar”(2ºposto)

Indar Galega – “Ke voltem!” (3ºposto)

Vero Coronel – “Abro mi Corazón a tu Presencia”

ST. CYR – “Misery in paradise” (5ºposto)

Dioivo – “Ao vivo – séculos escuros”(4ºposto)

The Ultimate Big Party – “Noise”

Dalle a “Gústame” en YouTube aos teus videoclips favoritos e tamén vota polo teu preferido en:

AS VOTACIÓNS ESTÁN PECHADAS PARA O CONCURSO.

V Concurso Videoclips Musicais VigoSónico

Vigosónico convoca o V Concurso Videoclips Vigosónico para premiar o espíritu creativo das/os participantes. A convocatoria ten as seguintes bases:

PARTICIPANTES:

Poderán participar no concurso grupos e solistas de calquera estilo musical, na que o 50% dos/as compoñentes están empadroados/as no Concello de Vigo, para o que se pode solicitar volante de empadroamento ao inscribirse.

CONDICIÓNS TÉCNICAS

1. A participación no concurso é gratuíta e poderá ser individual ou por grupos.
2. Para acceder ao concurso presentárase un proxecto, en formato vídeo, de carácter artístico e calquera estilo musical. O tema ten que ser orixinal tanto en música, letra e todos aqueles contidos inseridos, sendo propietarios/as e da autoría dos mesmos.
3. A duración do videoclip non será maior de 10 minutos, nin ocupar máis de 400 Mb (cunha resolución máxima de 720p HD) en arquivo compatible con YouTube, poderanse xuntar os vídeos con maior calidade para a súa proxección o día da final.
4. Admitirase un máximo de 2 propostas artísticas por grupo ou solista.
5. Aceptarase o material audiovisual en soporte dixital que pode ser achegado en: Pendrive, CD, DVD, etc. e o formato do vídeo (AVI, MOV, etc. ) ten que ser compatible con YouTube, en caso contrario será responsabilidade do grupo ou solista facilitalo nun formato axeitado.
6. Os traballos achegaranse presencialmente nas instalacións de Vigosónico, do 15 de maio ao 15 de xuño de 2018 no horario e días de apertura de VigoSónico.
7. No momento da achega do material audiovisual nas instalacións de VigoSónico as/os participantes deberán entregar a folla de inscrición asinada por todas/os as/os compoñentes do grupo, incluíranse: nome do grupo, título do traballo, características técnicas do vídeo e os datos persoais das/os compoñentes. No caso de que os participantes sexan menores de idade deberan contar ademais cunha autorización dos/as pais/nais ou titores legais.
8. Os/As participantes autorizarán a ubicación dos vídeos polo menos durante a duración do concurso e durante un mes posterior á celebración do mesmo.
9. O contido das obras deberá ser respectuoso, calquera contido discriminatorio será motivo de expulsión do concurso.
10. A participación no concurso supón a aceptación das presentes bases, quedando fóra de concurso as obras que non cumpran algunha das condicións antes expostas.

CALENDARIO DO CONCURSO

Apertura prazo de inscricións: dende o 15 de maio de 2018.
Recollida do material audiovisual: do 15 de maio ao 15 de xuño de 2018.
Mostra dos videoclips en YouTube na canle Vigosónico e no blog de www.vigosonico.org: do 17 ao 23 de Xuño.
Proxección videoclips e achega de premios: domingo 24 de Xuño de 2018 a partir das 17:00h.

PREMIOS:

Estableceránse os seguintes premios:
1º.- Vale de compra da tenda Backstage Guitars de 100 €.
2º.- Vale de compra da tenda Backstage Guitars de 50 €.
3º.- Vale de compra da tenda Backstage Guitars de 30 €.

SISTEMA DE VALORACIÓN E PUNTUACIÓN

O sistema de valoración das creacións artísticas estará composto de 3 valoracións parciais para escolla das/os gañadores: un xurado, votación do público no blog de www.vigosonico.org e a puntuación de “positivos” dos videoclips na canle de YouTube de VigoSónico.
1. O xurado estará composto por membros escollidos por Vigosónico con experiencia e/ou profesionais do medio que suporán 2/4 da valoración final. O fallo do xurado será inapelable, os premios poderán quedar desertos si así o xurado o determina. Os criterios a valorar serán a orixinalidade, a adecuación as bases do concurso, a innovación e a creatividade.
2. Os videoclips estarán expostos no blog de www.vigosonico.org cun sistema para a votación online do 17 ao 23 de Xuño . Suporá 1/4 da valoración final.
3. Os videoclips estarán expostos na canle de YouTube Vigosónico do 17 ao 23 de Xuño polo que se valorará ata o mesmo día da proxección os votos en positivo de cada vídeo na canle. Suporá 1/4 da valoración final.
4. A valoración final unha vez obtidas as tres puntuacións faráse pública ao rematar a proxección dos videoclips e posteriormente na web de VigoSónico: www.vigosonico.org e nas redes sociais que emprega o programa.

DIFUSIÓN DAS OBRAS:

Unha vez fallado o concurso, os vídeos da proposta gañadora poderán ser empregados por Vigosónico a efectos da difusión do programa, por calquera medio de reprodución ou divulgación, facendo constar o nome dos/as autores/as.

OUTRAS DETERMINACIÓNS:

• A organización poderá introducir, si o considera necesario, as modificacións que estime convintes para o bó funcionamento do concurso.
• Vigosónico poderá levar a cabo as accións que considere oportunas para difundir as obras presentadas, co fin de promocionar o concurso e o programa VigoSónico.

Bases do concurso en pdf (sen fotos 107kb): descargar

Bases do concurso en pdf (con fotos 283kb): descargar

Folla de inscrición para participara no concurso: descargar

Hai que facer a achega nas instalacións de VigoSónico.