Formación musical gratuíta de xaneiro a xuño do 2019

Cursos de formación musical de xaneiro a xuño do 2019.

  • Os cursos son para mozas e mozos de 13 a 35 anos empadroados no Concello de Vigo.
  • Podes preinscribirte nun máximo de 2 cursos por persoa, sendo importante que escollas en primeiro lugar no que máis interese teñas por facer.
  • Os cursos de INICIACIÓN II son para persoas que xa realizaran o curso de iniciación I da mesma temática.
  • A asignación de prazas farase segundo a orde de chegada das solicitudes por medio deste formulario online.

Técnica Vogal

  • Iniciación á técnica Vogal I (1ª quenda): martes de 19 a 20h. de xaneiro a marzo.
  • Iniciación á técnica Vogal I (2ª quenda): martes de 20 a 21h. de xaneiro a marzo.
  • Iniciación á técnica Vogal II* (1ª quenda): martes de 19 a 20h. de abril a xuño.
  • Iniciación á técnica Vogal II* (2ª quenda): martes de 20 a 21h. de abril a xuño.

ukelele

  • Iniciación ao Ukelele I: martes de 20 a 21h. de xaneiro a marzo.
  • Iniciación ao Ukelele II*: martes de 21 a 22h. de abril a xuño.

baixo eléctrico

  • Iniciación ao Baixo Eléctrico: martes de 21 a 22h. de xaneiro a marzo.

guitarra

  • Iniciación á Guitarra I: mércores de 19 a 20h. de xaneiro a marzo.
  • Iniciación á Guitarra I: mércores de 20 a 21h. de xaneiro a marzo.
  • Iniciación á Guitarra II*: mércores de 19 a 20h. de abril a xuño.
  • Iniciación á Guitarra II*: mércores de 20 a 21h. de abril a xuño.

batería

  • Iniciación á Batería I: venres de 17 a 18h. de xaneiro a marzo.
  • Iniciación á Batería II*: venres de 18 a 19h. de xaneiro a marzo.
  • Iniciación á Batería II*: venres de 17 a 18h. de abril a xuño.
  • Iniciación á Batería II*: venres de 18 a 19h. de abril a xuño.

Para os cursos hai que traer os instrumentos: baixo, ukelele, guitarra (acústica ou eléctrica) e un xogo de baquetas para o de batería. Para o de técnica vogal non é preciso traer nada.

*Este cursos teñen como requisito ter feito o primeiro nivel en VigoSónico.

Outras consideracións para facer a preinscrición:
  • Veracidade dos datos inseridos:
    No caso de indicar no formulario datos falsos suporá a exclusión da asignación das prazas, estes datos teñen que ser corroborados coa presentación da documentación requirida para os cursos antes do seu comezo:
    – DNI, carné de conducir ou pasaporte vixente.
    – Volante do empadroamento no Concello de Vigo.
  • Rematado o prazo de inscricións comunicárase por medio do correo electrónico a concesión de prazas.
  • As persoas admitidas nos cursos deberán comunicar con tempo abondo (mínimo 2 días) que rexeitan a praza, no caso de non facelo, poden ser excluídas de vindeiras convocatorias dos cursos de VigoSónico.
  • Os cursos son de iniciación, gratuítos e cunha duración trimestral. As quendas estableceránse en función do número de alumnos/as a partires da hora indicada para cada un deles. A duración de cada clase é de 60 minutos.
  • Os cursos terán un seguimento de asistencia, a falta aos mesmos suporán a baixa en favor doutra persoa da lista de agarda.
  • Os cursos que xa teñan as prazas cubertas non aparecerán no listado.

Lugar de realización:

Todas as actividades faranse en:
Vigosónico – Concello de Vigo na Estrada do Portal s/n (Valadares)
Teléfono: 986 475 403
Horario: de martes a domingo de 16 a 22 h.

Preinscríbete nos cursos de formación musical

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s