Os meses de abril e maio temos nas Vitamusic de Técnica Vogal os seguintes obradoiros:
-
Técnica Vogal: Ferramentas básicas. 24 de abril de 21-22h.
-
Técnica Vogal: Respiración, control diafragmático. 22 de maio de 21-22h.
-
Técnica Vogal: Proxección do son, traballo sobre resoadores. 29 de maio de 21-22h.
Os obradoiros son para mozas e mozos de 13 a 35 anos empadroados no Concello de Vigo.
A asignación de prazas farase segundo a orde de chegada das solicitudes por medio deste formulario online.
Veracidade dos datos inseridos:
No caso de indicar neste formulario datos falsos pode supoñer a exclusión da asignación das prazas, estes datos teñen que ser corroborados coa presentación da documentación requirida para os cursos antes do seu comezo:
– DNI, carné de conducir ou pasaporte vixente.
– Volante do empadroamento no Concello de Vigo.
Rematado o prazo de inscricións comunicárase por medio do correo electrónico a concesión de prazas.
As persoas admitidas nos cursos deberán comunicar con tempo abondo (mínimo 2 días) que rexeitan a praza, no caso de non facelo, poden ser excluídas de vindeiras convocatorias dos cursos de VigoSónico.
Os obradoiros son gratuítos. A duración de cada clase é de 55 minutos.
Os obradoiros que xa teñan as prazas cubertas non aparecerán no listado.
Todas as actividades faranse en:
Vigosónico – Concello de Vigo na Estrada do Portal s/n (Valadares)
Teléfono: 986 475 403
Preinscríbete