Vitamusic: Ukelele e Guitarra de Xaneiro de 2018

Este mes de xaneiro nas Vitamusic temos unha novidade cunha sesión de achegamento e coñecemento do Ukelele e tamén de guitarra:

  • Ukelele: Coñecer o instrumento e a súas posibilidades. Técnicas básicas. Sábado 27 de xaneiro de 17 a 19h. Non é preciso que teñas un Ukelele para asistir, haberá algúns para facer probas, se o tes podes traelo para practicar.

Guitarra

  • Técnicas de tapping e trasteo. Mércores 24 xaneiro de 21 a 22h.
  • Arpexios de triada en sweep picking e string skipping. Mércores 31 xaneiro de 21 a 22h.

Os obradoiros son para mozas e mozos de 13 a 35 anos empadroados no Concello de Vigo.

A asignación de prazas farase segundo a orde de chegada das solicitudes por medio deste formulario online.
Veracidade dos datos inseridos:
No caso de indicar neste formulario datos falsos pode supoñer a exclusión da asignación das prazas, estes datos teñen que ser corroborados coa presentación da documentación requirida para os cursos antes do seu comezo:
– DNI, carné de conducir ou pasaporte vixente.
– Volante do empadroamento no Concello de Vigo.
Rematado o prazo de inscricións comunicárase por medio do correo electrónico a concesión de prazas.
As persoas admitidas nos cursos deberán comunicar con tempo abondo (mínimo 2 días) que rexeitan a praza, no caso de non facelo, poden ser excluídas de vindeiras convocatorias dos cursos de VigoSónico.

Os obradoiros son gratuítos. A duración de cada clase é de 55 minutos.

Os obradoiros que xa teñan as prazas cubertas non aparecerán no listado.

Todas as actividades faranse en:
Vigosónico – Concello de Vigo na Estrada do Portal s/n (Valadares)
Teléfono: 986 475 403

Preinscríbete

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s