Cursos de Formación Musical: novembro 2017 a xaneiro 2018.

Cursos de Formación Musical.

Os cursos son de iniciación, gratuítos e cunha duración trimestral están destinados a mocidade empadroada en Vigo de idades comprendidas entre os 13 e os 35 anos.

A asignación de prazas farase segundo a orde de chegada das solicitudes por medio deste formulario online.
Veracidade dos datos inseridos:
No caso de indicar datos falsos pode supoñer a exclusión da asignación das prazas, estes datos teñen que ser corroborados coa presentación da documentación requirida para os cursos antes do seu comezo:
– DNI, carné de conducir ou pasaporte vixente.
– Volante do empadroamento no Concello de Vigo.
Rematado o prazo de inscricións comunicárase por medio do correo electrónico a concesión de prazas.
As persoas admitidas nos cursos deberán comunicar con tempo abondo (mínimo 2 días) que rexeitan a praza, no caso de non facelo, poden ser excluídas de vindeiras convocatorias dos cursos de VigoSónico.

Os cursos son de iniciación, gratuítos e cunha duración trimestral. As quendas estableceránse en función do número de alumnos/as a partires da hora indicada para cada un deles. A duración de cada clase é de 60 minutos.

O alumnado segundo o calendario comunicado terá que asistir as clases tendo un máximo de 3 faltas ao curso, é dicir en todo o trimestre. A persoa beneficiaria do curso deberá avisar da súa ausencia antes da realización da clase, enviando un correo electrónico.

Os cursos de INICIACIÓN II son para persoas que xa realizaran o curso de iniciación I da mesma temática. A listaxe de cursos é:

  • Curso de iniciación ao baixo eléctrico (grupo 1): martes de 20h.-21h. nas instalacións de VigoSónico de novembro 2017 a xaneiro 2018.
  • Curso de iniciación ao baixo eléctrico (grupo 2): martes de 21h.-22h. nas instalacións de VigoSónico de novembro 2017 a xaneiro 2018.
  • Curso de iniciación á técnica vogal I: martes de 19:00h.-20h. nas instalacións de VigoSónico de novembro 2017 a xaneiro 2018.
  • Curso de iniciación á técnica vogal II*: martes de 20h.-21h. nas instalacións de VigoSónico de novembro 2017 a xaneiro 2018.
  • Curso de iniciación á guitarra I: mércores de 19:00h.-20h. nas instalacións de VigoSónico de novembro 2017 a xaneiro 2018.
  • Curso de iniciación á guitarra II*: mércores de 20:00h.-21h. nas instalacións de VigoSónico de novembro 2017 a xaneiro 2018.
  • Curso de iniciación á bateria (grupo 1): venres de 17h.-18h. nas instalacións de VigoSónico de novembro 2017 a xaneiro 2018.
  • Curso de iniciación á bateria (grupo 2): venres de 18h.-19h nas instalacións de VigoSónico de novembro 2017 a xaneiro 2018.

*Para estes grupos a persoa interesada ten que ter realizado o nivel I do curso de inciación en VigoSónico.

Material a traer para o curso.

Baixo: Para o curso de baixo eléctrico terás que traer o teu propio baixo eléctrico.
Guitarra: Para o curso de guitarra terás que traer a túa propia guitarra, pode ser clásica ou eléctrica.
Técnica vogal: non é preciso traer nada.
Batería: Para o curso de batería terás que traer un xogo de baquetas.

Preinscribirse

(as preisncricións comezarán o vindeiro 14 de outubro)

Despois do proceso de asignación de prazas comunicaranse por correo electrónico a cada persoa a ficha para traer o primeiro día xunto a outra documentación, pódese descargar aquí:

Descarga: Ficha inscrición para as persoas con praza.

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s