III Concurso deseño carátula para o cd Recopilatorio VigoSónico 2017

Vigosónico convoca o “III Concurso do Deseño da Carátula do Cd Recopilatorio VigoSónicopara que a mocidade de Vigo participe nun proxecto artístico musical, engadindo a parte de creación en deseño gráfico para a carátula do álbum, que contará con temas dos grupos usuarios/as dos locais de ensaio de Vigosónico.

A convocatoria ten as seguintes bases:

PARTICIPANTES:

Poderán participar no concurso mozas/os entre os 13 e os 35 anos empadroados/as en Vigo. As/os participantes menores de idade terán que presentar unha autorización asinada do pai/nai/titor/a xunto cunha fotocopia do dni dos mesmos.

CONDICIÓNS TÉCNICAS

    1. A participación no concurso é gratuíta e individual.

    2. Para acceder ao concurso presentarase o deseño en formato dixital. Poderá presentarse impreso, tendo que achegar os arquivos para a súa posterior utilización no caso dos/as gañadores/as.

      Ou físico, neste caso, precisa dar a posibilidade de obter unha óptima dixitalización.

    3. As/os participantes poderán presentar ata un máximo de dous deseños, sempre con contido totalmente orixinal.

    4. O formato deberá ser 120x120mm., ou superior proporcionalmente, deixando sempre un sangue de 3mm., cunha resolución mínima de 300ppp (puntos por pulgada).

    5. A obra deberá incluír o logo de Vigosónico facilitado na web, do contrario será incluído polo equipo de Vigosónico.

    6. O equipo de Vigosónico reservase o dereito de adaptar as obras co fin de que cumpran a súa función comunicativa.

    7. Aceptarase o deseño en soporte dixital que pode ser achegado en: pendrive, cd, etc., e/ou envialo ao correo electrónico de Vigosónico: vigosonico@vigo.org

    8. Os traballos tamén poderán achegarse ás instalacións de Vigosónico, do 16 de Maio ó 30 de Xuño no horario e días de apertura de VigoSónico (de martes a domingo de 16:00h a 22:00h)

    9. No momento da achega dos traballos, xa sexa por correo electrónico ou de forma presencial, as/os participantes deberán encher a folla de inscrición, onde se incluíran os seguintes datos: nome e apelidos do autor, enderezo, DNI, correo electrónico e título do traballo, haberá que presentar o DNI para constatar os datos.

    10. O contido das obras deberá ser respectuoso, calquera contido discriminatorio será motivo de exclusión do concurso.

    11. A participación no concurso supón a aceptación das presentes bases, quedando excluídas as obras que non cumpran algunha das condicións antes expostas.

CALENDARIO DO CONCURSO

Prazo de inscrición e recollida material artístico: do 16/5/2017 até o 30/06/2017.

PREMIOS:

Establecese un 1º e 2º premio para os deseños finalistas:

1º premio: certificado gañador + vale 50€ + copia cd

2º premio: certificado 2º finalista + copia cd

Vigosónico achegará aos deseños finalistas un certificado como recoñecemento á sua creatividade e participación na parte do deseño gráfico da carátula do álbum, incluído no proxecto artístico “Cd Recopilatorio Vigosónico”.

SISTEMA DE VALORACIÓN

O sistema de valoración das creacións artísticas estará composto por un xurado de Vigosónico. O fallo do xurado será inapelable, o concurso poderá declararse deserto si así o xurado o determina. Os criterios a valorar serán a orixinalidade, a adecuación as bases do concurso, a innovación e a creatividade.

A valoración final farase pública na web de xuventude http://www.xuventudevigo.org/ e nas redes sociais.

DIFUSIÓN DAS OBRAS:

Unha vez fallado o concurso, os deseños finalistas poderán ser empregados por Vigosónico a efectos da difusión do programa, por calquera medio de reprodución ou divulgación, facendo constar o nome do/a autor/a.

A organización resérvase o dereito de empregar as carátulas finalistas para outros fins diferentes aos estritos do concurso así como á propia adaptación do deseño.

OUTRAS DETERMINACIÓNS:

  • A organización poderá introducir, si o considera necesario, as modificacións que estime convintes para o bo funcionamento do concurso.

Bases do concurso en pdf

Ficha de inscrición (pdf)

2 thoughts on “III Concurso deseño carátula para o cd Recopilatorio VigoSónico 2017”

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s