IV Concurso Videoclips Musicais VigoSónico

Vigosónico convoca o IV Concurso Videoclips Vigosónico para premiar o espíritu creativo das/os participantes. A convocatoria ten as seguintes bases:

PARTICIPANTES:

Poderán participar no concurso grupos e solistas de calquera estilo musical, na que o 50% dos/as compoñentes están empadroados/as no Concello de Vigo, para o que se pode solicitar volante de empadroamento ao inscribirse.

CONDICIÓNS TÉCNICAS

    1. A participación no concurso é gratuíta e poderá ser individual ou por grupos.

    2. Para acceder ao concurso presentárase un proxecto, en formato vídeo, de carácter artístico e calquera estilo musical. O tema ten que ser orixinal tanto en música, letra e todos aqueles contidos inseridos, sendo propietarios/as e da autoría dos mesmos.

    3. A duración do videoclip non será maior de 10 minutos, nin ocupar máis de 400 Mb (cunha resolución máxima de 720p HD) en arquivo compatible con YouTube, poderanse xuntar os vídeos con maior calidade para a súa proxección o día da final.

    4. Admitirase un máximo de 2 propostas artísticas por grupo ou solista.

    5. Aceptarase o material audiovisual en soporte dixital que pode ser achegado en: Pendrive, CD, DVD, etc. e o formato do vídeo (AVI, MOV, etc. ) ten que ser compatible con YouTube, en caso contrario será responsabilidade do grupo ou solista facilitalo nun formato axeitado.

    6. Os traballos achegaranse presencialmente nas instalacións de Vigosónico, do 2 de maio ao 2 de xuño de 2017 no horario e días de apertura de VigoSónico.

    7. No momento da achega do material audiovisual as/os participantes deberán entregar a folla de inscrición asinada por todas/os as/os compoñentes do grupo, incluíranse: nome do grupo, título do traballo, características técnicas do vídeo e os datos persoais das/os compoñentes. No caso de que os participantes sexan menores de idade deberan contar ademais cunha autorización dos/as pais/nais ou titores legais.

    8. Os/As participantes autorizarán a ubicación dos vídeos polo menos durante a duración do concurso e durante un mes posterior á celebración do mesmo.

    9. O contido das obras deberá ser respectuoso, calquera contido discriminatorio será motivo de expulsión do concurso.

    10. A participación no concurso supón a aceptación das presentes bases, quedando fóra de concurso as obras que non cumpran algunha das condicións antes expostas.

CALENDARIO DO CONCURSO

Apertura prazo de inscricións: dende o 2 de maio de 2017.

Recollida do material audiovisual: do 2 de maio ó 2 de xuño de 2017.

Mostra dos videoclips en YouTube na canle Vigosónico e no blog de www.vigosonico.org: do 4 ao 10 de Xuño.

Proxección videoclips e achega de premios: domingo 11 de Xuño de 2017 a partir das 17:00h.

PREMIOS:

Estableceránse os seguintes premios:

1º.- Vale de compra da tenda Backstage Guitars de 100 €.

2º.- Vale de compra da tenda Backstage Guitars de 50 €.

3º.- Vale de compra da tenda Backstage Guitars de 30 €.

SISTEMA DE VALORACIÓN E PUNTUACIÓN

O sistema de valoración das creacións artísticas estará composto de 3 valoracións parciais para escolla das/os gañadores: un xurado, votación do público no blog de www.vigosonico.org e a puntuación de “positivos” dos videoclips na canle de YouTube de VigoSónico.

  1. O xurado estará composto por membros escollidos por Vigosónico con experiencia e/ou profesionais do medio que suporán 2/4 da valoración final. O fallo do xurado será inapelable, os premios poderán quedar desertos si así o xurado o determina. Os criterios a valorar serán a orixinalidade, a adecuación as bases do concurso, a innovación e a creatividade.

  2. Os videoclips estarán expostos no blog de www.vigosonico.org cun sistema para a votación online do 4 ao 10 de Xuño . Suporá 1/4 da valoración final.

  3. Os videoclips estarán expostos na canle de YouTube Vigosónico do 4 ao 10 de Xuño polo que se valorará ata o mesmo día da proxección os votos en positivo de cada vídeo na canle. Suporá 1/4 da valoración final.

  4. A valoración final unha vez obtidas as tres puntuacións faráse pública ao rematar a proxección dos videoclips e posteriormente na web de VigoSónico: www.vigosonico.org e nas redes sociais que emprega o programa.

DIFUSIÓN DAS OBRAS:

Unha vez fallado o concurso, os vídeos da proposta gañadora poderán ser empregados por Vigosónico a efectos da difusión do programa, por calquera medio de reprodución ou divulgación, facendo constar o nome dos/as autores/as.

OUTRAS DETERMINACIÓNS:

  • A organización poderá introducir, si o considera necesario, as modificacións que estime convintes para o bó funcionamento do concurso.

  • Vigosónico poderá levar a cabo as accións que considere oportunas para difundir as obras presentadas, co fin de promocionar o concurso e o programa VigoSónico.

Bases do concurso en pdf: descargar

Folla de inscrición para participara no concurso: descargar

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s