Cursos de Formación Musical: comezo en outubro 2016.

Cursos de Formación Musical.

Os cursos son de iniciación, gratuítos e cunha duración cudrimestral. As quendas son de 60 minutos e estableceránse en función do número de alumnos/as a partires da hora indicada para cada un deles.

O alumnado segundo o calendario de asistencia terá que asistir as clases tendo un máximo de 3 faltas ao curso, é dicir en todo o curso. A persoa beneficiaria do curso deberá avisar da súa ausencia antes da realización da clase, enviando un correo electrónico.

  • Curso de iniciación ao baixo eléctrico: martes de 20h.-21h. nas instalacións de VigoSónico, comeza en outubro de 2016.
  • Curso de iniciación á guitarra: mércores de mércores de 19h.-20h. nas instalacións de VigoSónico, comeza en outubro de 2016.
  • Curso de iniciación á guitarra II*: mércores de 20h.-21h. nas instalacións de VigoSónico, comeza en outubro de 2016.
  • Curso de iniciación á técnica vogal: xoves de 19h.-20h. nas instalacións de VigoSónico, comeza en outubro de 2016.
  • Curso de iniciación á técnica vogal II*: xoves de 20h.-21h. nas instalacións de VigoSónico, comeza en outubro de 2016.
  • Curso de iniciación á bateria: venres de 17:00h.-18:00h. nas instalacións de VigoSónico, comeza en outubro de 2016.
  • Curso de iniciación á bateria II*: venres de 18:00h.-19:00h. nas instalacións de VigoSónico, comeza en outubro de 2016.

* Para facer o nivel II dos cursos de iniciación é preciso ter feito o curso nivel I dos cursos de iniciación cumprindo coa asistencia ao mesmo.

Material a traer para o curso polo alumnado.

Baixo: Para o curso de baixo eléctrico terás que traer o teu propio baixo.
Guitarra: Para o curso de guitarra terás que traer a túa propia guitarra, pode ser clásica ou eléctrica.
Técnica vogal: non é preciso traer nada.
Batería: Para o curso de batería terás que traer un xogo de baquetas.

As preinscricións fanse no formulario de VigoSónico na web de Concellería de Xuventude e xa o podedes facer en:

Formulario inscrición

Descarga: Ficha inscrición para as persoas con praza.

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s