Data: Domingo 20 de Marzo de 2016
Hora: 18:00
Lugar: Concello de Vigo: Vigosónico – Estrada do Portal s/n, (a carón do vial da Universidade) no Parque Tecnolóxico de Valadares.
Entrada: Gratuíta.
ACTUARÁN:
INCULPADOS
Web: http://www.inculpados.com/
Estilo musical: Swing & Roll, Rock & Roll
Descrición: Elegancia e forza … Un repertorio de orixinal factura clásica, peneirado con boas melodías, letras en castelán e ritmos de Rythm & Blues, Swing, Country ou fronteirizo Surf.
Eles o chaman… “Swing & Roll”.
Dende o seu comezo no 2011 chamaron a atención non so do público nos seus directos, senón de medios para os que non pasou desapercibido seu bo facer. Chegar a alcanzar co seu primeiro Ep auto-editado o Nº 9 do Top maquetas de Mondo Sonoro (feb-2012), lograr unha contratación para a Xira 2012 maketón Estrella Galicia, ou as excelentes críticas de prensa e radio obtidas tras as actuacións no festival Son de Vigo ou “Good Rokin Tonigh” (La Iguana) son inequívocas mostras.
Este ano tras rodar a remodelada formación e con novo material (Ep e videoclip) retoman súa xira “Inculpei-TOUR”.
Os/As que asisten a un directo de Inculpados por primeira vez din: ¿De onde saíu esta banda? ¿Como non escoitei falar de eles antes? Se aínda non os desfrutaches, faino pronto, unha vez que vexas a súa actuación xa non os esquecerás…
Ligazóns:
https://www.facebook.com/Inculpados
https://www.youtube.com/user/4INCULPADOS/videos
Vídeo cun dos temas:
BROKEN SILENCE
Web: https://www.facebook.com/BrokenSBand/
Estilo musical: Rock Metal
Descrición: Broken Silence son unha banda emerxente de rock/metal de Vigo, formados no ano 2015 que volta tocar en Vigosónico tras tocar polas salas da cidade. Agardemos que vos guste a súa música!!!
Integrantes: Cristina García (voz), Isaac Salgueiro (Guitarra), Adrián Almeida (Batería), Paula Boquete (Guitarra) e Jose Luis González (Baixo).
Ligazóns: https://twitter.com/brokensband