O xoves día 17 de setembro de 2015 farase a presentación do Cd Recopilatorio VigoSónico I a partires das 20h. coa presenza da Concelleira de Xuventude Dna. Uxía Blanco. Entrada libre para todas as persoas que desexen participar.
Neste cd recóllense temas de 15 bandas que ensaian nas instalacións de VigoSónico e que participaron nos concertos organizados dende o programa.
A gravación realizouse no estudio de VigoSónico dende setembro de 2014 a maio de 2015.