Presentación de discos: Atlantic Valley e Wonderlust Kings

Presentación de discos:
Atlantic Valley e Wonderlust Kings 22 DE MAIO 2016

Data: Domingo 22 de Maio de 2016

Hora: 18:00

Lugar: Concello de Vigo: VigosónicoEstrada do Portal s/n, (a carón do vial da Universidade) no Parque Tecnolóxico de Valadares.

Entrada: Gratuíta.

Máis información:

ACTUARÁN:

ATLANTIC VALLEY

Atlantic Valley o forman Simón, Noel, Marcos e Alexandre e é un grupo galego de Stoner Rock formado a principios do ano 2011 en Vigo.

O seu primeiro EP “Mammoth” publicado en 2013 abriulles a porta de varios festivais e algunha que outra aparición en programas de radio e prensa especializada. Pódese escoitar íntegro no bandcamp da banda http://atlanticvalley.bandcamp.com/

Hipersónica: “[…] A verdade é que as cancións que atopamos en Mammoth son realmente boas para unha banda novel coma eles […]

Heavy Planet: […] Isto é máis que un valente esforzo inicial dunha banda emerxente de Stoner Rock e que a pesar das aristas que faltan por pulir, ofrécennos 6 cancións de calidade […]

A principios de 2016 publican o seu segundo disco, “Sea Monster”, un traballo de 7 temas que trata de explorar as atmósferas stoner dunha maneira máis profunda pero sen perder os ácidos riffs que caracterizan á banda.

Pentavox: […] un disco que se me queda corto polo bó que é. Pásaseche voando e é de agradecer esa frescura dos Atlantic Valley […] pola calidade das composicións que me resultan moi entretidas, pegadizas e potentes, como ten que ser.

Web: https://www.facebook.com/AtlanticValley

Vídeo dun dos temas interpretados no Concerto Sónico:

WONDERLUST KINGS

Wonderlust Kings, un grupo nacido en Vigo a comezos do 2014. Forxase pola unión de membros de outras bandas anteriores, ca idea de formar unha unión de influencias do blues rock e todo espectro do rock alternativo en xeral. Tras unha serie de concertos con boa acollida, comezan a xogar con sons da psicodelia e a elaborar os temas do que será seu primeiro álbum homónimo, gravado en Cabral Estudios e lanzado o Xaneiro deste 2016. Podes atopalo subido en plataformas musicais (Spotify, Youtube, Bandcamp…).

Prepárate para desfrutar dun son autoeditado de alta calidade, do que eles definen como “unha mestura de rock, blues, funk, stoner, e moi boa vibra”.

Web: https://www.facebook.com/wonderlust.kings

Vídeo dun dos temas interpretados no Concerto Sónico:

 PresentacionWeb